Home » A Mostra » Presentación

Presentación


(S8) Mostra de Cinema Periférico

(S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico é un evento único en España que se celebra anualmente na cidade de A Coruña. A súa proposta céntrase no cinema de vangarda e a creación cinematográfica contemporánea, onde cineastas, xornalistas, profesionais, estudantes e un público apaixoado de todo o mundo se reúnen con destacadas figuras e creadores do panorama internacional. Ademais, a Mostra é un espazo de encontro para profesionais onde se realizan encontros, clases maxistrais e presentacións de proxectos en desenvolvemento, que contan co asesoramento de especialistas de prestixio internacional. O (S8) adica cada ano unha especial atención á educación, con diversas actividades didácticas e seminarios arredor da cultura cinematográfica. Esta amplia proposta complétase cada ano con videoinstalacións e exposicións relacionadas coa temática de cada edición.

Super 8

Super 8

O nome da Mostra, unha alusión directa al Super 8, é o espírito que guía a cita. Este formato de cine doméstico personifica as características do tipo de cine que desde aquí se defende. Un formato analóxico, personal e popular que, ademais de conservar a nosa memoria recente, permitiu florecer a independencia e a liberdade necesarias para os primeiros (e arriscados) pasos de cineastas hoxe recoñecidos mundialmente, e que supuxo unha mudanza no paradigma do método de traballo do cine, pois permitiu ao cineasta traballar con autonomía. O (S8) inclúe así, no seu alegórico nome, un triplo propósito: recoller o espírito vangardista e experimental -sen límite de formatos- que simbolizan estes pioneiros traballos en Súper 8 e 16mm, dar conta do rico panorama de cineastas que continúan a empregar a película de pequeno formato en pleno século XXI e revisar tamén esta historia recente do cine nun exercicio fundamental de recuperación e memoria.

A programación

Programa (S8) Mostra Cinema Periférico

Materialízase así en diversas seccións que reflicten o máis estimulante do panorama audiovisual actual, e que recollen traballos fundamentais da historia do cine. A música, as artes escénicas e as artes plásticas tamén teñen o seu lugar na Mostra a través de instalacións e performances que reflicten a continua retroalimentación entre as diversas disciplinas artísticas. Á súa vez, a didáctica xoga tamén un papel crucial no (S8), a través de actividades como as presentacións, obradoiros e encontros profesionais que dinamizan a actividade diaria da Mostra, e que a converten nun acontecemento estreitamente ligado á participación cidadá.

Carácter internacional

(S8) Mostra Cinema Periférico Internacional

Un evento internacional que abre A Coruña ao mundo, pois converte a cidade nun foco de atención tanto nacional como internacional, onde se dan cita os máis relevantes cineastas e profesionais en activo, e que conta coa presenza dos máis destacados medios de comunicación.