Posts etiquetados en ‘André Bretón’

VELLOS SIGNIFICANTES, NOVOS SIGNIFICADOS

ContraGrande_Sinais

Por Víctor Paz Morandeira

Que comunica unha imaxe? Quere dicir o mesmo para un aborixe de Nova Guinea a inicios do século pasado que para un tokiota do século XXI? A exposición a estas, en número e diversidade, é radicalmente distinta nun exemplo e noutro. Polo tanto, é unha imaxe universal? A resposta semella ser non. info