Mobileskino: super 8, activismo, manifestos e instalacións
Mobileskino é un colectivo de catro activistas do Super8: Florian Olloz, Roland Schmidt, Gilbert Engelhard e David Pfluger. Fundaron Mobileskino no 2000 coa idea de difundir a filosofía do Super8 e facer do cinema algo interactivo máis que un lugar onde sentar e consumir imaxes. As primeiras proxeccións e instalacións amosáronse en Basel e Zürich, cidades de onde proveñen. As súas obras son curtas con ou sen acción, documentais, animacións e loops. As películas móstranse en instalacións, tanto como un collage de capas, unha obra en sí mesma ou coma acompañamento (con ou sen son).
O seu manifiesto di así:
“Queremos tirar as paredes do cine! O cine está en tódalas partes! Enfrontamos as imaxes en movemento cos seus espectadores e viceversa. Entendemos mobilidade con independencia do lugar e tempo fixos, e dunha custosa infraestructura. As performances de Mobileskino non foron definidas a fondo e polo tanto son intercambiables: como un happening, como instalacións no espazo ou como unha inundación de fotos en festas e concertos. O que se ven creando é kitsch, arte e experimento, é manido ou novidade. Cine significa maxia, experiencia, ritual, sorrisos e bágoas…”
Ao empregar formatos clásicos de película acostuman preguntarlles por que empregan o Super8 no lugar do Video, o que suporía un custe máis barato e máis doado de utilizar. Ademáis o feito de que o Super8 na realidade sexa barato e tamén moi doado de empregar, sempre estivo claro para eles pero eses non son os principais argumentos á hora de decidir que medios empregar para un proxecto de arte. Ademáis, o Super8 nunca tivo un aspecto retro para eles, senón que simplemente é o seu medio.
O Super8 é a beleza do cinema. A presenza constante da realidade dixital actual creou unha implicación con esta realidade e levounos a realizar unha serie de traballos arredor deste tema. O Game Arcade e High Noon é o conxunto de instalacións máis grande que crearon. O Game Arcade é un conxunto de catro máquinas interactivas feitas a tamaño real, representando o espírito das máquinas dixitais dos anos 80. Pero os xogos presentados por Mobileskino non son dixitais, simplemente tomaron prestada a apariencia e o son. Funcionan completamente de forma análoga con proxeccións, interruptores e diapositivas. Neste caso o mundo dixital, normalmente empregado para simular o noso entorno, simulase con máquinas análogas. Mobileskino expón: “ Por medio do uso de máquinas análogas e mecánicas tratamos de trocar o medio dixital nun medio co que podamos traballar”.
High Noon traslada esta idea un pouco máis aló e conecta co mundo dos móbiles. Hoxe en día todo o mundo ten un destos aparatos ruidosos con ilimitadas funcións inútiles. Desenroláronse novas habilidades como por exemplo manexar un alfabeto de 10 caracteres para escribir unha mensaxe. High Noon ten en conta esto e pon a proba as habilidades dos espectadores baixo ameaza de vida ou morte –como pasaba no clásico Salvaxe Oeste ou como ocorre na actualidade no Oeste dixital.
Mobileskino estivo movéndose co seu Game Arcade e High Noon en Suiza e arrededor de Europa. Como traballan a camiño entre instalacións e cine, soen presentar os seus traballos en Festivais de Cine, como por exemplo: Dresdner Schmalfilmtage (Alemania), VideoEx en Zürich (Suíza) ou Filmfest en Rotterdam (Holanda). Tamén visitou espazos de arte como o CCB en Barcelona.
O público sempre disfrutou coa naturaleza interactiva das súas pezas; a arte non é únicamente un reto intelectual senón tamén un reto para as habilidades e é algo moi divertido.
Normalmente debido ás condicións de espazo limitado, só unha parte das máquinas do Game Arcade son expostas. Mobileskino está desexando mostrar a totalidade das súas obra no (S8) Mostra de Cinema Periférico na Coruña, sendo ésta una estrana oportunidade para desfrutar da mesma tanto físicamente como a través dos sons!