Posts etiquetados en ‘Zoe Beloff’

Zoe Beloff pecha o (S8) levándonos a outra dimensión

A última xornada do (S8) ten como protagonista especial a Zoe Beloff. Ademais de poder ver unha mostra dos seus traballos, a artista porá un peche á Mostra transportándonos a outra dimensión coa súa performance en 3D analóxico Claire and Don in Slumberland. Falamos con Zoe Beloff, que nos entreabre unha porta aos seus mundos imaxinarios. info

Zoe Beloff, a medium do 16mm

O mundo dos soños é un pouco como o máis aló, só que se pode facer ata alí unha viaxe de ida e volta. Dentro da mente de cada persoa existen dominios misteriosos e descoñecidos. Paraxes que podemos alcanzar a través do cine e da performance, grazas a mediums como Zoe Beloff, nesta edición do (S8). info

O ceo na Terra: manifestacións do inefable

Abordar a sensualidade, o sensorial deste mundo para alcanzar outro. Moldear a luz, a través dunha cámara, para lograr entrever o máis aló. Utilizar as cadencias e o son para alcanzar un novo estadio da consciencia que nos permita tocar o inaprensible, entrever o espírito das cousas. O ceo na Terra, parte da programación da próxima edición do (S8), é un ciclo que reúne a catro creadores de vangarda americanos cuxo campo de estudo móvese por estes terreos: Zoe Beloff, Nathaniel Dorsky, Robert Beavers e Phil Solomon. O cine, que é luz, son e cadencia, revélase para eles como o medio máis idóneo para intentar esbozar como é o que se escapa á nosa comprensión, e para materializar o inmaterial. Para recrear o ceo na terra. info