Posts etiquetados en ‘Super 8’

Teruo Koike. Naturalezas vivas

Lamentamos que a entrada non está dispoñible

Alehop! A conta atrás comeza

 

Dziga Vertov salta

Fai cousa de once meses pechábamos a segunda edición do (S8). Nos corredores do Antigo Cárcere Provincial da Coruña, unha espectral performance en 3D da sin par Zoe Beloff levábanos a outra dimensión, trasladábanos a unha terra imposible atrapada entre o pasado e o presente nunha psicofonía visual. Un xeito de culminar uns días que nos depararon non poucas experiencias sobrenaturais. Puidemos, por exemplo, experimentar en compañía de Nathaniel Dorsky o seu cine devoto, unha sensación que nos traspasou de arriba a abaixo. Tamén, nunha máxica noite coruñesa, Guy Sherwin y Lynn Loo protagonizaron un encontro difícil de esquecer entre o cine performativo e os sons da naturaleza. A Metrópolis de Fritz Lang tamén renaceu, con 20 minutos de metraxe reatopado despois de longos anos, e coa emoción dunha banda sonora interpretada en directo pola Orquesta Filarmónica Cidade de Pontevedra. info

O Dúo Cobra por o Dúo Cobra

Este sábado, nada mellor que pasar a noite no cárcere. O inclasificable Dúo Cobra ofrecerá unha actuación en directo, que irá acompañada dunha multiproyección baixo o título “Papel Medium”, no (S8). Logo do live show, Jas Processor xunto a Sisco Larinho Dj presentarán REPUBLICA DISCO APOCALIPSO: unha escolma en formato de Vinilo e dixital dende vos anos 40 ata oxe en día. Unha república ecléctica de sons latinos, africanos, electrónicos, con actitude e, abrigo, con moito Groove. Coloreado todo elo con efectos sonoros e filtrado sintetico. Ás 22:00 h no Antigo Cárcere.

A continuación, Dúo Cobra nos dan unas claves para entender su sonido panayonqui. info