Refacho de Sinais na sexta edición do (S8)

Sin Dios ni Santa María1

Sin Dios ni Santa María, de La banda negra (Helena Girón y Samuel M. Delgado)

Sinais, sección dedicada ao cine galego máis afín ao impulso que guía a programación do (S8) bate este año su record de participación cunha selección que supera a vintena de obras (entre curtos e longos) coa presenza doutros tantos realizadores entre os que figuran: Ángel Santos, Alberte Pagán, Carla Andrade, Xiana Gómez Díaz, Diana Toucedo, Lucía Vilela, Jaione Camborda, DSK (Juan Lesta e Belén Montero, Miguel Mariño, Clara Sobrino, Otto Roca, Helena Girón e Samuel M. Delgado, ademáis do foco dedicado a Xacio Baño e a proxección de Jet Lag de Eloy Domínguez Serén.

A sexta edición do festival acollerá a estrea mundial da película Volontè, obra colectiva realizada en Galicia que retrata a reunión, tras un ano de inactividade, do grupo de improvisación sonora experimental e noise do mesmo nome. Despois da proxección ofrecerase un concerto e unha filme performance.

Lua_Still_4

Lua, de Miguel Mariño

SINAIS EN CURTO

Máis dunha ducia de realizadores galegos reuniranse a principios de xuño na Coruña para mostrar un total de quince curtametraxes na súa maioría producidas durante o último ano. SINAIS EN CURTO convértese así nunha ventá ao novo cine feito en Galicia e un escaparate para que os realizadores presenten a súa obra tanto ao público coma aos profesionais da industria que se dan cita no (S8). A selección inclúe a estrea de El juicio adelantado, de DSK (Juan Lesta e Belén Montero), que tamén mostrarán a peza Cine ASCII_art. (2003). Ángel Santos presentará o seu traballo Camiños de Bardaos, Helena Girón e Samuel M. Delgado farán o propio con Sin Dios ni Santa María, e Clara Sobrino con Trance.

Outros cortos producidos este ano que poderán verse na sección son SANSa SOLEIL de Otto Roca, Superfícies – peter (tubo) de Alberte Pagán e dúas películas en Super 8, unha delas telecinada a vídeo, Proba do axilidade de Jaione Camborda, e outra, ésta proyectada no seu formato orixinal, Bionte de Lucía Vilela. Tamén neste compendio do cine galego máis suxerente encontramos dúas obras en 16mm do artista experimental coruñés Miguel Mariño que proxectará Lúa (2014) e Tríptico Binario (2014); así como de Diana Toucedo, de quén recuperamos a obra Ser de Luz (2010).

Xiana Gómez Díaz, cineasta galega seleccionada como finalista do proxecto X Films de Punto de Vista, Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, amosará a súas películas While It Spins (2014) e Dúas pitas / Two chicken (2013). Asimesmo, a artista visual Carla Andrade presentará un diálogo entre as culturas chilena e nepalí, a través da contraposición do work in progress Kuch Nahi, peza rodada en super 8 na que busca experimentar o vacío do deserto de Atacama (Chile), en contraste co bullicio de Katmandú protagonista dunha instalación titulada Choven manchas de tempo que montará na Fundación Luis Seoane durante o festival.

VOLONTÈ_FOTOGRAMA_03

VOLONTÈ, O RUIDO ENTRE SUSPIROS

O (S8) acollerá, tamén dentro do programa SINAIS EN CURTO, a estrea mundial da película Volontè, obra colectiva de Marcos Flórez, Helena Girón, Rafael e Roberto Mallo, Miguel Prado, Lucas Vázquez e Lucía Vilela. A cortometraxe retrata a reunión tras un ano de inactividad do grupo de improvisación sonora experimental e noise do mesmo nome, desvelando o dispositivo fílmico ao tempo que o da propia banda. A proxección terá lugar o vernes 5 de juño ás 22.30h no patio da Fundación Luis Seoane nunha sesión que incluirá concerto e film performance.

En Volontè, película rodada en 16mm, músicos e cineastas convértense nun único colectivo que defende o ‘amor como proceso de colaboración, como un encontro material concreto a través da participación de diferentes que co-escriben e co-producen xuntos’.