MINI (S8). Taller de fabricación de proxectores caseiros
Fechas: 28 Maio 2016 – 29 Maio 2016
Destinado ao público infantil (10-15 anos), neste taller de experimentación plástica impartido polo cineasta galego Miguel Mariño os días 28 e 29 de maio na Fundación Luis Seoane, dentro da programación da séptima edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico, os asistentes aprenderán a construír artesanalmente un dispositivo de proxección a partir do reciclaxe de materiais cotiáns. En só tres sesións de traballo repartidas ao longo da fin de semana, cada participante construirá o seu propio proxector, que se poderá levar a casa ao rematar o taller. Aprenderá tamén a utilizar o dispositivo permeténdolle xerar gran variedade de efectos lumínicos e calidades de imaxe.
Finalmente todos os integrantes traballarán na creación dunha obra conxunta que será representada como clausura do taller (domingo 29 de maio pola mañá) nunha sesión aberta ao público. Os alumnos terán para isto que desenvolver unha partitura/guión do espectáculo e deseñar a súa propia posta en escena. Unha “performance” creada colecivamente que funciona como elemento de cohesión do traballo individual.
Despois da experiencia acumulada na realización de diferentes intervencións performativas baseadas na proxección, Miguel Mariño presenta esta proposta de taller que mestura a potenciación das cualidades artísticas de cada participante e a cohesión nunha experieencia colectiva como base da creación. O taller non é soamente unha guía de materiais e procedementos para construción de dispositivos de proxección, senón que ademais é unha invitación á creación dunha obra coletiva que terá a súa culminación nunha performance lumínica, facendo visible o resultado do traballo realizado.
Horario do taller: sábado 28 de maio de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e domingo 29 de maio de 11:30 a 14 horas.
Lugar: Fundación Luis Seoane
Inscripcioes: previamente a través do enderezo de correo electrónico [email protected] (prazas limitadas).
Aínda que o taller é gratuíto, cada participante deberá aportar 10 euros para material que se empregarán no desenvolvemento da actividade, unha cota que deberá entregar ao monitor do taller antes de comezar a primeira sesión.