(S8), LIFT e AC/E alíanse: Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica
Desde os seus comezos, a Mostra realizou un decidido labor de promoción, difusión e reivindicación dos formatos cinematográficos analóxicos, constituíndo un espazo único dentro do panorama nacional. Nese sentido, a idea de abrir novos camiños nesta dirección existiu case desde a primeira edición da Mostra. Unha liña de traballo que por fin atopa a súa correspondencia na colaboración cunha institución única no mundo no seu apoio ao cinema en formato fílmico, á constante procura estética aínda por explotar nese campo, e á convivencia frutífera das novas tecnoloxías cos soportes fotoquímicos. Falamos do LIFT, a Liaison of Independent Filmmakers of Toronto, que ten unha sólida andaina ás súas costas acollendo artistas en residencia que traballan en analóxico (por elas pasaron artistas como Naomi Uman, Helga Fanderl, Tomonari Nishikawa e Martha Colburn, entre outros).
AC/E como sociedade estatal para a promoción da cultura promove co seu traballo o impulso do sector creativo-cultural de España a través dun amplo programa de actividades, como as axudas para fomentar a movilidade exterior de profesionais creadores tales como las residencias para artistas en distintas disciplinas. Os proxectos de AC/E suliñan a diversa contribución española á cultura global, así como as recentes aportacións dos seus creadores máis actuais nos principais ámbitos creativos.
Este 2017 nace así BAICC, Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica , nas que (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico en colaboración co LIFT e AC/E convocará un proceso de selección para participar nunha residencia de creación artística en Toronto (Canadá), destinada a persoas nadas ou residentes en España, que desexen crear unha obra en soporte fílmico. A duración da residencia será de entre 4 e 6 semanas ininterrompidas entre outubro de 2017 e abril de 2018.
Máis información proximamente aquí. Permanezan a escoita.