O (S8) dedica un foco ao cineasta galego Xacio Baño na sua sección Sinais
Xacio Baño (Xove, 1983) é un dos realizadores novos máis prolíficos e talentosos do cine galego actual. As súas curtametraxes deron a volta o mundo recalando en citas de prestixio como Locarno, Clermont-Ferrand, Mar de Prata ou Busan, con premios en Las Palmas, Málaga, Albacete ou o Shnit Film Festival suízo. En 2009 decide saír da sala de montaxe para debutar na dirección de cine co seu primeiro traballo Quentefrío, inicio sobre una pentalogía dos sentidos á que seguiría ese mesmo ano Relación de acordes.
En Estereoscopia (2011), unha obra na que dispón dúas realidades na pantalla partindo o lenzo en dous coa escusa dun transplante de ollo, Xacio Baño pon as bases dun método de traballo que remata de desenvolver en 2012 en Anacos. Nesta peza, o autor recorre novamente unha montaxe multipantalla con cinco perspectivas dunha mesma realidade mostradas en paralelo de forma simultánea, nun xesto de experimentación narrativa que lle valeu premios en Las Palmas, Málaga e Albacete, así como a selección en máis de 30 festivais de todo o mundo incluíndo o xa mencionado Clermont-Ferrand.
Baño continúa en 2014 o seu traballo sobre o tempo e a memoria en Ser e Voltar (premiada en Clermont-Ferrand e seleccionada a competición en Locarno). A película é un reflexo xeracional contemplativo que describe o pasado dos seus avós nun retrato que tende pontes cara á xuventude do hoxe, representada polo propio realizador, baixo a premisa de ‘gravalos para telos preto cando xa non estean’.
Estereoscopia, Anacos e Ser e Voltar formarán parte do foco especial que o (S8) dedicará ao realizador galego Xacio Baño na súa sexta edición. No programa tamén se poderán ver outros dous traballos de recente creación: Ai Capitán (2014) desenvolvido dentro do proxecto Nimbos, e Xolpor (2014), realizada no seo da iniciativa Chanfaina’Lab ideada por Manolo González. A sesión, que terá lugar o xoves 4 de xuño na sede de Afundación na Coruña, contará coa presenza do autor, quen contestará ás preguntas dos asistentes despois da proxección.
Ao día siguiente, venres 5 de xuño, Xacio Baño volverá encontrarse cos espectadores nese mesmo espazo para manter un encontro co público que conducirá o Ángel Santos, quen recentemente estreou a súa longametraxe Las altas presiones (película gañadora da sección Las Nuevas Olas na 11ª edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla). Nesta cita Baño falará sobre as claves dos seus procesos creativos e tamén presentará o seu próximo proxecto aínda en fase de desenvolvemento.
.
O TIEMPO REAL, JET LAG E A NOITE
Eloy Domínguez Serén volve ao (S8) un ano despois de protagonizar o foco especial desta mesma sección, para amosar a súa longametraxe Jet Lag, película que abordou no encontro mantido co público na edición 2014 do festival e que meses máis tarde sería estrenda na sección Resistencias no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Nesta obra, Domínguez Serén xunto a súa productora incondicional Beli Martínez, embárcase nunha investigación da noite, do tempo e a falta de sono, e de cómo todo isto inflúe física e psíquicamente no comportamento e a percepción humana.
A presenza de Eloy Domínguez Serén completarase cunha vídeo-instalación da súa peza No Novo Céio na Fundación Luis Seoane. Esta obra foi exposta no marco do Festival Internacional de Cine de Estocolmo.