Cinema e muller: encontro de cineastas galegas

Listen to Me, Carla Andrade

Listen to Me, Carla Andrade

No marco da súa sétima edición, a Mostra reunirá a relevantes realizadoras galegas, ao redor de ‘Cinema e muller’, o novo proxecto da cineasta Xisela Franco e a produtora Beli Martínez co apoyo da Deputación de Pontevedra e presentado recentemente. O (S8) organiza un debate no que participarán, ademais de Franco e Martínez, Xiana Gómez-Díaz, Diana Toucedo, Carla Andrade, Jaione Camborda e Margarita Ledo, moderado por o xornalista Ángel Suanzes.

O encontro pecharase coa proxección de Visións, película colectiva realizada dentro desta mesma iniciativa. As cineastas participantes recibiron a proposta de dirixir unha curta nun prazo de dous meses. Tras reunirse, coñecer os seus respectivos traballos, intercambiar ideas e compartir, gracias á inmediatez das redes sociais, o seu proceso creativo, este grupo de cineastas sacou á luz unha película de curtametraxes que inclúe as seguintes pezas: Listen to Me de Carla Andrade, Proxectar-se de Eva Calvar, 1/2 de Olaia Sendón, Ambos mundos de Claudia Brenlla, Ei, guapa! de Sonia Méndez, Aava de Andrea Zapata-Girau, Aquí dentro de Lara Bacelo, Zeitübergreifend de Begoña M. Santiago, Voguing de Carme Nogueira e Corpo preto de Diana Toucedo.