O ano do 8: botando a vista a atrás
Xa estamos na conta atrás: en menos dun mes empeza a edición número 8 do (S8). Un número que marca unha data especial para o festival, ese 8 que repousa entre paréntese como chiscadela e homenaxe ao super 8, pero tamén como declaración de intencións. Unha edición que traerá unha celebración á que faremos honra, non só traballando nunha programación na que o cinema que nos apaixoa é protagonista, senón con sorpresas que iremos desvelando no seu debido momento. Só dicir que, como non podía ser menos, este ano haberá super 8, e tamén haberá encontros reveladores e aparicións, pois todas as autoestradas levan nesta edición a unha particular utopía. Para amenizar a espera e caldear as ganas, velaquí o (emocionante) vídeo resumo da edición número 7.