Obradoiro Mobileskino: Do8Yourself
Volve Mobileskino ao (S8), e esta vez faino cun obradoiro que nace do seu último proxecto: Do8Yourself, no que nos ensinarán como crear nosas propias tiras de película de 16mm a partir de material dixital. A investigación e o xogo en torno ao cinema analóxico e as formas posibles de combinar esa tecnoloxía con mil e un enxeños mecánicos, electrónicos e dixitais guían o traballo deste colectivo de Basel, Suíza, no cal conflúen cineastas, técnicos, animadores e sonidistas. Un traballo que funde a tecnoloxía dixital cos experimentos audiovisuais dos albores do cinema no século XIX, confluencia da que nace Do8Yourself, unha chamada ao enxeño e á autosuficiencia.
O obradoiro divídese en dúas sesións de traballo e unha proxección pública. Nas dúas sesións de traballo os artistas ensinarán o proceso e explicarán en detalle como funciona. Os vídeos de cada participante imprimiranse fotograma a fotograma en acetato, para logo cortar e perforar as tiras de material e convertelas en películas de 16mm proxectables. O resultado final será montado nunha película que se poderá ver o domingo nunha proxección aberta ao público, na que se usará un proxector de corda e un reprodutor de son de vinilo tamén de corda.
LUGAR: Sede de Afundación na Coruña. Cantón Grande 21, 23. 15003 A Coruña
HORARIO: Venres 2 de xuño de 10 a 12 horas, e sábado 3 de xuño de 11 a 14 horas.
REQUISITOS: Cada participante deberá traer clips de vídeo e fotos para transferir a película. É recomendable (pero non obrigatorio) traer tamén un computador con software de edición.
INSCRICIÓNS: Na dirección de correo electrónico [email protected] indicando no asunto do mail: Obradoiro Mobileskino. Prazas limitadas.
PREZO: 40 euros.