Cartel e spot da 8 edición do (S8)
O espírito guía desta edición “Obxectos e aparicións” do (S8) é o artista americano Joseph Cornell. O cartel e o anuncio recollen tamén esta referencia, inspirándose nas caixas e colaxes do que foi o pioneiro do found footage, e un dos artistas máis influíntes do século XX. Usando unha serie de elementos que evocan o traballo de Cornell, sen renunciar á chiscadela persoal cara ao 8, este particular caixón quere recoller así a inspiración que, agardamos, infecta a nosa programación.