Ernie Gehr, Friedl vom Gröller, Phil Hoffman e Scott Stark, protagonistas da novena edición do (S8)

 

Tempo, estrutura, patróns. Estes son algúns dos principios que guían a novena edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico que, baixo o título Lux Algebra, invoca os elementos alquímicos cinematográficos que manipulan o tempo e as súas estruturas, e que definen unha programación coa que se completa a triloxía dedicada á creación cinematográfica que a Mostra foi desenvolvendo nestas pasadas edicións, desde a luz con Os novos impresionistas (2016) á materia que da soporte ás imaxenes con Obxectos e aparicións (2017), sobre os conceptos de apropiación o found footage.

O (S8) 9ª Mostra Internacional de Cinema Periférico arranca o próximo 25 de maio de 2018 cunha gala de inauguración que suporá a estrea no noso país da ópera/oratorio Voices of Light/ A paixón de Xoana de Arco, de Richard Einhorn, dirixida por Fernando Briones e interpretada polo Coro e Orquestra Gaos. O coruñés Teatro Colón acollerá a partir das 20:30h a inauguración da Mostra, cuxas entradas se poden adquirir en Ataquilla.com, e no teléfono 902 504 500, nos depachos de billetes do Teatro Colón e na sede de Afundación en A Coruña.

A estrea de Voices of Light/ A paixón de Xoana de Arco e na gala inaugural del (S8) 9ª Mostra Internacional de Cinema Periférico será o inicio de case dez días de proxeccións, presentacións, film performances, debates, encontros coa crítica e outras tantas actividades que situarán A Coruña entre o 25 de maio e o 3 de xuño como o epicentro da vangarda cinematográfica e artística contemporánea.

 

Lux Algebra

Baixo o título Lux Algebra, a novena edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico remite ao concepto de álxebra –a rama da matemática que estuda a combinación de elementos de estruturas abstractas acorde a certas regras– e ao de lux –a unidade de medida da luz–, coa intención de insistir no cine como resultado dunha combinación de elementos, e a través da selección dunhas obras nas que o tempo e a estrutura (a través da montaxe e a construción interna) son fundamentais. A través de figuras clave do cinema como Ernie Gehr e Kurt Kren, e creadores contemporáneos como Scott Stark e Chris Kennedy (además de senllos programas de traballos históricos e contemporáneos), desglosaremos o tema desta nova edición.

 

Phil Hoffman

Paseo pola vangarda contemporánea

Outra das figuras imprescindibles que visitará a Mostra é o canadense Phil Hoffman, un dos mestres da arte do diario filmado e impulsor do proxecto educativo Film Farm, sorte de campamento de verán para cineastas no que se levan a cabo proxectos personais e experimentais en formato fílmico, e con técnicas de revelado artesanais e ecolóxicas. Veranse obras como Slaughterhouse, o work in progress da súa última película, Vultures, así como pezas de corte autobiográfico como On the Pond. Do 5 ao 8 de xuño celebrarase na Nautilus de A Coruña o taller Film Farm on the Road de prazas limitadas e impartido por Hoffman, no que durante unha semana compartirá cos participantes os seus métodos de traballo en 16mm.

Friedl vom Gröller

A cineasta Friedl vom Gröller aterrará en A Coruña cos seus retratos en 16mm baixo o brazo, continuadores do seu portentoso traballo no ámbito da fotografía e exemplos paradigmáticos do interese desta icónica autora nos conceptos de identidade e de xestualidade que se fai visible coa presenza fixa da cámara cinematográfica. Pola súa banda, Pablo Mazzolo, arxentino que abriu novas vías ao cinema experimental, é outro dos nomes propios que protagonizan o paseo pola vangarda fílmica que ofrece a Mostra (S8) na súa novena edición.

Pablo Mazzolo

Outro imprescindible: a seminal distribuidora de cine de vangarda independente Canyon Cinema, que cumplíu 50 anos en activo en 2017. Para celebrar esa efeméride, Antonella Bonfanti, hoxe á fronte da distribución en Canyon, ten comisariado un programa que baixo o título California Dreaming, e que presentará na Mostra, recolle o traballo dos seus fundadores –Bruce Baillie, cineasta cuxa influencia se mide coa de Mekas, Anger ou Jacobs, e a etnógrafa feminista Chick Strand– e o de cineastas como Nathaniel Dorsky e o seu cine devocional, Will Hindle. Charlotte Pryce e o seu fascinante mundo microscópico e científico, ou o de Mark Toscano.

Canyon Cinema

Na clásica sección DESBORDAMENTOS, un dos sinais de identidade do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, poderase desfrutar unha vez máis no patio da Fundación Luis Seoane das film performances do dúo colombiano-alemán baseado en Berlín Ojoboca, que estreará un novo traballo no (S8), ademais das pezas de Scott Stark, Pablo Mazzolo e Tono Mejuto, que presentará Reliefs, o resultado da primeira residencia BAICC, organizada polo (S8) en colaboración con Acción Cultural Española e o LIFT de Toronto).

 

SINAIS

SINAIS segue traendo á fronte o cinema galego, esta vez co traballo combativo de María Ruído. Coa instalación Le paradis inaugurada o pasado 21 de abril na Fundación Luís Seoane, e como foco da sección SINAIS, a Mostra quere reivindicar o perfil da incisiva artista visual, investigadora e produtora cultural, e reúne os seus primeiros traballos, realizados durante o final dos anos 90 na histórica Escola de Imaxe e Son da Coruña, en Someso.

As obras, que se poderán ver en formato instalación son Ethics of Care (1999), Hansel e Gretel (1998), Cronoloxía (1998)’, e A voz humana (1998). Así mesmo, dentro do foco SINAIS, programouse o ciclo A imaxe que pensa, sobre a traxectoria de María Ruido, que se expandirá ao logo do mes de maio para finalizar o sábado 2 de xuño no Auditorio AFundación coa proxección por primeira vez en sala de cine do seu último traballo, Mater Amatísima (2017), no que aborda a relación entre produción e reprodución para buscar unha redefinición da maternidade nos tempos incertos do presente. O ciclo A imaxe que pensa inclúe as obras cinematográficas Plan Rosebud 1 / Crime Scene (2008) (11 de maio), Plan Rosebud 2 / Calling the ghost (2008) (11 de maio), Le rêve est fini (2014) (18 de maio), L´oeil impératif (2015) (26 de maio) e Mater Amatísima (2 de xuño).

Ademais, SINAIS EN CURTO recolle o mellor da colleita anual galega, con obras de Alberte Pagán (A mosca), Lara e Noa Castro (Pezas imposibles), Ángel Santos (M. Manuel Moldes – Pontevedra Suite, 1983-1987), Helena Girón e Samuel Delgado (Plus Ultra), rematando con Marcos Pérez e Martin Pawley (Fogos).

Maria Ruido

Encontros profesionais

Un ano máis o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico convírtese nun punto de encontro e intercambio, no que a didáctica e la formación volve cobrar protagonismo ao acoller entre os próximos 26 e 2 de xuño o seminario A crítica de cine experimental, organizado por A Cuarta Parede. O seminario contará con tres sesións impartidas a cargo dos profesionais do crítico de cine Alberte Pagán, Francisco Algarín (Revista Lumière), Mónica Delgado (Desistfilm) e Brais Romero (A Cuarta Parede), completadas coa serie de masterclass e outras actividades organizadas pola Mostra. Para realizar a matrícula, o contacto é [email protected], e o prazo estará aberto ata o 23 de maio.

Unha actividade que completa a serie de encontros profesionais que se celebrarán no marco da novena edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico: a mesa de debate Vías para a realización do cine experimental contemporáneo. Residencias, Laboratorios, Bolsas de Creación, que contará con la participación de institucións como LIFT – Canadá, Film Farm – Canadá, EQZE | Elías Querejeta Zine Eskola – Tabakalera, Master LAB – Madrid; ademais das titorías de proxectos en desenvolvemento de INPUT, que nesta ocasión están impartidas por profesionais de prestixio de Isabela Orellana (Festival de Valdivia – Chile), James Lattimer (Berlinale Forum – Alemania) e Cinthia Gil (Docs LIsboa).

A invitación para a participación de Chris Kennedy, Antonella Bonfanti, Isabel Orellana, James Lattimer, Friedl Vom Gröller e Cintia Gil nesta nova edición do (S8) foi posible grazas ao programa de Acción Cultural Española (AC/E) para a internacionalización da Cultura Española (PICE), na súa modalidade de Visitantes, que facilita que as entidades e institucións culturais españolas, conten nas súas actividades e programas coa presenza en España de profesionais e prescriptores culturais internacionais, a fin de coñecer de manera directa e persoal a oferta creativo-cultural española.