Phil Solomon: fósiles doutra dimensión
Desde os dominios da memoria, das épocas e das persoas que xa non existen, Phil Solomon parece envíar mensaxes que atravesan, por sorpresa, a neve dos tempos. É por iso quizais que as películas de Phil Solomon forman parte deste ciclo que explora as manifestacións do ceo na terra a través do cine, os rastros do espiritual e sobrenatural na luz que sae dos proxectores. Unhas mensaxes sobrecolledoras, as súas, dunha gran beleza formal e poder evocador, as deste cineasta que desde as montañas de Boulder, Colorado, continuou a carreira de fondo do lendario Stan Brakhage, de quen fose discípulo avantaxado para terminar atopando a súa senda única e persoal.
Unha das cousas que máis chaman a atención no cine de Solomon é como, aínda tendo unha esencia tan etérea como é a memoria, as súas películas teñen unha materialidad tan palpable que case parece que teñan relevo, como a pegada dun ser que foi e que agora coñecemos en forma de fósil. É coma se a luz da pantalla fose maciza e Solomon, máis que filmar, tallase o seu cine a golpe de martelo e cincel, ou o pintase con acrílicos e acuarelas. A narratividad queda fóra de xogo nun cine que debe ser entendido e mirado como como unha obra de arte plástica. A pantalla é aquí, en palabras do propio Solomon, “un rectángulo con tensións espaciais bidimensionales, máis que unha fiestra a unha fantasía”.
Texturas embriagadoras e sensoriais froito dun traballo artesanal e arduo, combinadas en forma de rimas, metáforas e misteriosas composicións de aura sobrenatural. O cine entendido dun xeito espiritual, máis que racional, e cuxas formas achegar a formas de arte máis viscerales. O mesmo Solomon traza un arco das súas referencias bastante elocuente: “As miñas películas están moito máis cerca na súa temperamente, ideas e tendencias á forma e contido de certos poetas un tanto herméticos, como Emily Dickinson, John Ashbery, Wallace Stevens, e Jorie Graham. Ou pintores narrativos e texturales como Albert Pinkham Ryder, Francis Bacon e Anselm Kiefer. Ou os ambiguos, exuberantes e misterioros paisaxes sonoras da música electrónica orgánica de Brian Eno”.
O ciclo “O ceo na Terra” ofrécenos unha significativa selección do seu traballo, na que se poden contemplar obras tan impactantes visualmente e suxestivas como Snowman, ou Remains to be seen, ou dunha concreción de escultura como Yes. I said yes, I will, yes ou Psalm II: Walking Distance. Ou, directamente, como en The Exquisite Hour (e isto pódese aplicar a case todas as súas pezas) experiencias sobrenaturais das que se poden vivir nunha sala de cine. Mundos que se intúen, que se albiscan a través do rabillo do ollo, dimensións descoñecidas ás que Solomon déixanos entrar durante uns minutos.
Phil Solomon
Sesión 1 – Revelacións nocturnas
Martes 31 de maio. 18:00 h.
Lugar: CGAI.
Sesión 2 – O que queda por ver
Xoves 2 de xuño. 18:00 h.
Lugar: CGAI