Nesta sexta edición do (S8), estamos de celebración: Ken Jacobs, acompañado da súa inestimable compañeira de vida e traballo Flo, será o invitado especial deste ano. Máis alá da súa indiscutible importancia dentro da historia do cine, Jacobs encarna una incombustible búsqueda artística que a mantivo na primeira liña da vangarda do cine dende que comezara a súa carreira a finais dos anos 50 e ata o día de hoxe. Unha carreira da que o (S8) dará conta a través dun programa retrospectivo que recollerá algún dos seus traballos máis representativos (en colaboración co CGAI), dúas únicas performances co seu Nervous Magic Lantern e una masterclass.
Ademáis de ser un cineasta esencial cunha obra que puido verse na Berlinale, os festivais de cine de Londres, Hong Kong, Nueva York, el Whitney Museum e o MoMA, sendo obxecto de retrospectivas, recentemente, no festival de Rotterdam, Vila do Conde e no Anthology Film Archives (isto é tan só un resumen dunha lista interminable), Jacobs recibiu numerosos recoñecementos, como o premio Maya Deren ou becas das fundacións Guggenheim e Rockefeller, entre outras moitas. Foi, e é tamén, unha activista do cine: foi unha figura integral da Filmmaker’s Cooperative e do mítico cine underground de Bleecker Street, establecendo a súa propia casa como sale de cine alternativa: alí, por exemplo, foi o primeiro lugar no que proxectaron os seus films e 8mm os irmáns Kuchar. En 1966 fundou xunto con Flo Jacobs o Millennium Film Workshop, e foi cofundador dun dos primeiros departamentos universitarios de cine do seu país, na Binghamton University. Foi tamén influínte maestro de críticos, programadores e cineastas como Steve Anker, Alan Berliner, Amy Halpern, Jim Hoberman, Ken Ross y Phil Solomon, entre moitos outros.
Jacobs, nova iorquino de nacemento, estudiou pintura con Hans Hofmann, comezando a súa carreira na florecente escena underground dos anos sesenta, entre escritores beat, artistas pop e expresionistas abstractos. A súa toma de contacto con cineastas como Jonas Mekas ou Hollis Frampton consolidou o interese de Jacobs no cine (medio no que xa levaba tempo traballando), e a súa amizade con Jack Smith acabou de cimentar o que foron algunas obras seminales do cine experimental de postguerra (sendo así una das figuras da liga extraordinaria que recolle o mítico libro de P. Adams Sitney Visionary Film). Da alianza con Smith saíron nos inicios dos sesenta películas como Little Stabs at Happiness, The Whirled y Blonde Cobra (segundo Jonas Mekas “a obra maestra do cine Baudelaireano”), que poderemos ver nunha das sesión do (S8).
Tras estes traballos, nos que ten gran notoriedade a pegada do enloquecido monólogo e o histrionismo de Jack Smith, Jacobs tamén recala nun cine máis íntimo (é o caso de Nissan Ariana Window) e de exploración perceptual relacionada coa súa cotidianidade, como se pode ver por exemplo en Window.
Pero o camiño non se detén alí, e a partir dos primeiros setenta é cando comeza a aflorar o Jacobs máis influenciado pola súa formación pictórica. A visión, a percepción da profundidade, a luz e o movemento: é dicir, as propias cualidades do medio cinematográfico é o que explota nun dos seus máis célebres traballos, obra maestra da apropiación, Tom, Tom the Piper´s Son (1969-71), no que 10 minutos dunha película de 1905 transfórmanse nunha viaxe de dúas horas ao interior da esencia do cine. E un indicativo dunha das ramas máis importantes do seu traballo, que é a apropiación e a deconstrucción, en especial de fragmentos de cine primitivo, que abre a súa vez os seus experimentos co 3D en películas como Globe (1969).
Trala chegada e a toma de posición do vídeo e do dixital, Ken Kacobs seguiu o seu traballo experimental, ampliándoo tamén coas posibilidades do novo medio. Ben apropiándose de material propio ou alleo, e mergullándose no que él chama “cyclopean 3D”: tridimensionalidade que se pode ver cun só ollo. E tamén excavando incisivamente na historia recente dos Estados Unidos, metendo o dedo na ferida do capitalismo e o racismo nas obras que creou neste século XXI, nas que demostra que a senda centrada no visual do seu cine non está en continua pelea cun intenso compromiso político.
A parte experiencial e performativa do cine é crucial tamén no traballo de Jacobs. Son ben coñecidas as súas performances cun dispositivo de creación propio ao que chama Nervous Magic Lantern (e que traerá a Coruña para dúas únicas performances), que combina os seus propios experimentos cunha piscadela a fantasmagoría do cine primitivo e a lanterna máxica. Crea desta maneira un mundo tridimensional ilusorio e envolvente, que foi descrito como “una mestura entre concerto de jazz improvisado, teatro de sombras e hipnosis”. Jacobs probará, desta maneira, en A Coruña, que é posible facer cine sin película, conxugando o analóxico e o dixital, convertindo ante os nosos ollos a luz do proxector, con variados instrumento e collages feitos a man, en inolvidables fenómenos visuales que difícilmente poderemos desprender dos nosos cerebros e retinas.
Para finalizar a participación de Ken Jacobs no (S8), impartirá tamén una masterclass (que terá lugar o sábado 6 de xuño) baixo o título de “Estamos no metro con moita xente e dígolle a Flo “¡somos ricos!”, quero decir, en sensacións”. Na que explicará como chegou dende o Expresionismo Abstracto e as ensinanzas do pintor Hans Hofmann ao seu traballo cinematográfico e aos seus experimentos en 3D.
Xa está dispoñible na nosa web o calendario e a programación completa desta nova edición do (S8). Presentamos tamén a nosa imaxe da Edición Especial Brasil, tomada polos patróns e as ondulaciones do pavimento brasileiro en distintas variacións.
Os patróns e as formas que compoñen este ano a imaxe do (S8) non son casuais, pois teñen un vínculo co país ao que se lle dedica un foco especial: Brasil. Para os brasileiros a construción da súa identidade –a brasilidade– é un proceso vivo que dalgún modo foi encomendado aos artistas. Lonxe do Brasil que retratan os folletos turísticos, na inmensidade do país máis grande de América do Sur, latexa unha frondosa e autosuficiente actividade cultural. Dela forma parte un grupo de cineastas para quen o celuloide é unha ferramenta e non unha moda, que florece nas selvas do concreto que son as cidades brasileiras: é aí onde se esparexe o paraíso cinematográfico, que de ser buscado nas xunglas tropicais e nas praias sería imposible atopar. Un caleidoscopio creativo formado pola amálgama de sensacións e referencias, a mestura cultural e o aire fresco dun imaxinario aínda en construción.
É aquí entón onde entran as formas e os patróns. O que une a un país tan extenso é precisamente o chan que pisa, invadido por mosaicos ondeantes que, do mesmo xeito que a capital que se construíron –Brasília, intento de modelar desde cero a súa identidade en formigón– , proba a capacidade do brasileiro de atopar plasticidade no ríxido. Así, o nome dun dos programas deste ano dedicado aos novos cineastas brasileiros, Paraíso do Concreto, resume o que convoca a programación do (S8) este ano: desde estes novos cineastas, ao repaso da vangarda brasileira histórica de Vexa ou Brasil, o cineasta paulista Marcos Bertoni na súa defensa da reciclaxe e o super 8 atopado entre o que a cidade refuga, a construción da identidade a través da propia memoria de Paula Gaitán e o retrofuturo que sinala Distruktur, o dúo brasileiro residente en Berlín (cidade que se tivo que reinventar e reconstruír). E que dalgún modo enlaza co invitado de honra deste ano: Ken Jacobs, proveniente doutra selva de asfalto como é Nova York, porto de entrada o novo mundo (do norte), e parte dun país cuxa identidade se construíu a golpe de celuloide no últimos 120 anos. Unha invención do cine (que abarca tamén a súa propia reinvención e ruptura de formas) da que é partícipe desde finais dos anos 50. Como parte da invención da vangarda do cine foi a cidade retorta e moldeada pola forza da creatividade de El gabinete del doctor Caligari, que na súa versión recentemente restaurada inaugura o festival.
Aterra o paraíso do concreto na Coruña. E recíbeo o novo cine feito en Galicia que se verá en Sinais. E que ten en moitos casos, paradoxalmente, máis forma de bosque que de cidade.
Primeiro nos deixamos tomar por Arxentina, e logo por Xapón. Pero este ano, querendo regresar a latitudes máis cálidas, o (S8) intérnase na selva tupida que é o cine experimental brasileiro, traendo unha selección que percorre, dende os anos 20 ata hoxe, algunhas das manifestacións máis estimulantes do cine feito nese país.
Comezando polo principio, o foco especial en Brasil arranca cun programa elaborado pola investigadora e historiadora de cine Lila Foster, que traballou na Cinemateca Brasileira, quen entrega unha lectura da historia do cine brasileiro dende o punto de vista da vangarda. Maluco é Mágico (1927, William Shocair), é unha sorprendente película futurista e subversiva sobre unha illa poboada pola xente máis rara do mundo. Limite (1931) é a única película do escritor Mario Peixoto, filme de culto de moita beleza e poética concepción cinematográfica adiantada ao seu tempo, favorita de personalidades como Eisenstein e Welles. Da serie de cinegrafías etnográficas Veja o Brasil, de Alceu Maynard, poderase ver Macumba (1959), que retrata a mestura de cristianismo e prácticas relixiosas africanas que hai en Brasil. O seguinte filme é o de Humberto Mauro, un dos máis relevantes cineastas brasileiros da primeira metade do século XX, que fai a partir dunha canción popular, “A Velha a Fiar” unha peza que vai dende o costumbrismo a un rítmico montaxe de imaxes que xogan coa composición, o stop motion, o collage e o humor. O programa tamén representa dous importantes movementos do cine brasileiro: por un lado, o Cinema Novo, con Patio (1959), primero filme do mítico Glauber Rocha, e Fala, Brasilia (1966), de Nelson Pereira dos Santos, e por outro lado, do chamado Cinema da Boca do Lixo, con un filme de quen sería unha das súas figuras fundamentais, Rogério Sganzerla: Documentario, fotografado por Andrea Tonacci, curtametraxe que toma o pulso da situación política do país na data coa liberdade narrativa e o aire documental dos novos cines dos sesenta.
A presenza de Marcos Bertoni é sen dúbida unha das sorpresas do programa dedicado a Brasil. Bertoni, heroe do super 8 brasileiro, outsider inclasificable do cine coñecido polo público internacional en parte grazas a súa aparición na galardoada Avanti Popolo, de Michael Wahrmann, na que interpreta un crucial papel. Dende os seus primeiros traballos en super 8 dos anos setenta- entre os que se poden encontrar obras como un desprexulgado remake da superproducción Cleopatra e curtametraxes nos que a crítica política mestúrase co humor-, ata a súa radical parodia do Dogma danés, o Dogma 2002, cuxa máxima é: “Prohíbese filmar. Permítese reciclar, montar, dobrar. Sempre en Super 8”. Un universo no que caben dende afiadas visións da ditadura, ata irónicas miradas a invasión de novas igrexas en Brasil e a enigmática invasión no fotograma dun ser de outro mundo.
Tamén estará presente na Coruña Paula Gaitán, destacada cineasta cuxo traballo púidose ver na Viennale, o IndieLisboa, o Bafici, Tribeca e o Museo Reina Sofía, entre outros. Gaitán, quen fora parella de Glauber Rocha, propón unha interesante mirada sobre o arquivo doméstico e o diario filmado. O propio Rocha, presenza que gravita no seu cine, é unha figura fundamental nunha das súas pezas máis famosos e premiadas, Diario de Sintra. Aquí teremos a oportunidade de ver un dos seus filmes máis recentes, Memória da Memória, película-ensaio construída coas súas propias imaxes en super 8 cuxo título fala dun dos fascinastes camiños que percorre: o rexistro da reacción á memoria filmada dos seus protagonistas e o seu significado co paso do tempo. Gaitán ofrecerá, ademais, trala película, unha proxección especial dunha selección de traballos en super 8.
O panorama actual do cine experimental brasileiro pechará o percorrido por esta cinematografía florecente e en marcha. A sección S8 Contemporáneo traerá a Coruña o dúo artístico brasileiro residente en Berlín Distruktur, cuxo traballo púidose ver en festivales como o de Berlín, Torino, Moscú e Curta Cinema en Río de Janeiro, así como en institucións como o New Museum de Nueva York, el Paço das Artes de São Paulo, e o Centro de Arte Contemporáneo de Vilnius. Os filmes e performances de Melissa Dullius e Gustavo Jahn, integrantes do dúo Distruktur, rozan os camiños posibles da ficción, suxerindo a través do seu potente imaxinario narracións elusivas a construir polo propio espectador. Ademais dunha sesión dedicada as súas películas, unha das noites de Desbordamentos del (S8) na Fundación Luis Seoane dedicarase a unha das súas performances, con proxeccións e música en directo interpretada polo propio dúo.
Finalmente, e para completar este repaso da actualidade, poderanse ver tamén pezas de algún dos máis destacados representantes da nova xeración de cineastas brasileiros, como é o caso, entre outros, de Ana Vaz (cuxa última peza acábase de estrear en Ann Arbor), do programador e cineasta Gustavo Beck, que tamén estará presente na Coruña, ao igual que o dúo Strangloscope, composto por Claudia Cárdenas e Rafael Schlichting, que traerá a súa refrescante proposta a nosa cidade.