Arquivos da ‘Sin categoría’ Categoría

Cinema mudo para nenos e nenas: Lotte Reiniger

Este domingo ás 12:00 h, o (S8) presenta unha sesión moi especial: trátase dun taller para os máis pequenos, ao que lle seguirá unha sesión familiar, todo iso en torno ao traballo da pioneira da animación alemá Lotte Reiniger. O taller e a sesión teñen a entrada libre, e non requiren matrícula previa. A continuación, máis información sobre esta inigualable creadora. info

Dúo Cobra live show

Este sábado, nada mellor que pasar a noite no cárcere. O inclasificable Dúo Cobra ofrecerá unha actuación en directo, que irá acompañada dunha multiproyección baixo o título “Papel Medium”, no (S8), á que lle seguirá unha sesión de Jas Processor e Sisco Larinho Dj, baixo o título de República Disco Apocalipso. Ás 22:00 h no Antigo Cárcere. Pica aquí, para descubrir a mans do propio Dúo que é o son Panayonqui, e que espéranos este sábado no seu show. info

Cinema Primitivo en España e Portugal no (S8)

Este sábado no (S8) poderemos ver unha mostra de como era o cine e como era a sociedade fai máis de cen anos. A mostra da sección «Arquivos Históricos» tráenos unha colección de películas filmadas no sistema Joly Normandin, formato do que Afonso do Amo, da Filmoteca Española, daranos as claves. info

Cando o cine vai máis aló da pantalla

Hoxe venres ás 12:00 h tivo lugar no Antigo Cárcere, sede do (S8), a presentación do ciclo de Cine Performativo desta edición. Este ano, con invitados excepcionais: por unha banda, a artista escocesa fincada en Estados Unidos Zoe Beloff, e doutra banda o referente inglés do live cinema Guy Sherwin, acompañado por Lynn Loo, con quen estivo desenvolvendo diversos proxectos os últimos anos. Un ciclo que é parte da esencia do (S8), na súa exploración das posibilidades do cine cando expande as súas fronteiras. info

Guy Sherwin, este venres no (S8)

Falamos con Guy Sherwin, que a tarde do venres no Antigo Cárcere ofreceranos, dentro do ciclo Cine Performativo unha mostra do seu fascinante traballo, que expande as fronteiras do cine. info