O (S8) dedica un foco ao cineasta galego Xacio Baño na sua sección Sinais

xacio-director-2

Xacio Baño (Xove, 1983) é un dos realizadores novos máis prolíficos e talentosos do cine galego actual. As súas curtametraxes deron a volta o mundo recalando en citas de prestixio como Locarno, Clermont-Ferrand, Mar de Prata ou Busan, con premios en Las Palmas, Málaga, Albacete ou o Shnit Film Festival suízo. En 2009 decide saír da sala de montaxe para debutar na dirección de cine co seu primeiro traballo Quentefrío, inicio sobre una pentalogía dos sentidos á que seguiría ese mesmo ano Relación de acordes.

En Estereoscopia (2011), unha obra na que dispón dúas realidades na pantalla partindo o lenzo en dous coa escusa dun transplante de ollo, Xacio Baño pon as bases dun método de traballo que remata de desenvolver en 2012 en Anacos. Nesta peza, o autor recorre novamente unha montaxe multipantalla con cinco perspectivas dunha mesma realidade mostradas en paralelo de forma simultánea, nun xesto de experimentación narrativa que lle valeu premios en Las Palmas, Málaga e Albacete, así como a selección en máis de 30 festivais de todo o mundo incluíndo o xa mencionado Clermont-Ferrand.

Baño continúa en 2014 o seu traballo sobre o tempo e a memoria en Ser e Voltar (premiada en Clermont-Ferrand e seleccionada a competición en Locarno). A película é un reflexo xeracional contemplativo que describe o pasado dos seus avós nun retrato que tende pontes cara á xuventude do hoxe, representada polo propio realizador, baixo a premisa de ‘gravalos para telos preto cando xa non estean’.

Estereoscopia, Anacos e Ser e Voltar formarán parte do foco especial que o (S8) dedicará ao realizador galego Xacio Baño na súa sexta edición. No programa tamén se poderán ver outros dous traballos de recente creación: Ai Capitán (2014) desenvolvido dentro do proxecto Nimbos, e Xolpor (2014), realizada no seo da iniciativa Chanfaina’Lab ideada por Manolo González. A sesión, que terá lugar o xoves 4 de xuño na sede de Afundación na Coruña, contará coa presenza do autor, quen contestará ás preguntas dos asistentes despois da proxección.

Ao día siguiente, venres 5 de xuño, Xacio Baño volverá encontrarse cos espectadores nese mesmo espazo para manter un encontro co público que conducirá o Ángel Santos, quen recentemente estreou a súa longametraxe Las altas presiones (película gañadora da sección Las Nuevas Olas na 11ª edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla). Nesta cita Baño falará sobre as claves dos seus procesos creativos e tamén presentará o seu próximo proxecto aínda en fase de desenvolvemento.

.

JET-LAG2_o-620x348
O TIEMPO REAL, JET LAG E A NOITE
Eloy Domínguez Serén volve ao (S8) un ano despois de protagonizar o foco especial desta mesma sección, para amosar a súa longametraxe Jet Lag, película que abordou no encontro mantido co público na edición 2014 do festival e que meses máis tarde sería estrenda na sección Resistencias no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Nesta obra, Domínguez Serén xunto a súa productora incondicional Beli Martínez, embárcase nunha investigación da noite, do tempo e a falta de sono, e de cómo todo isto inflúe física e psíquicamente no comportamento e a percepción humana.

A presenza de Eloy Domínguez Serén completarase cunha vídeo-instalación da súa peza No Novo Céio na Fundación Luis Seoane. Esta obra foi exposta no marco do Festival Internacional de Cine de Estocolmo.

Refacho de Sinais na sexta edición do (S8)

Sin Dios ni Santa María1

Sin Dios ni Santa María, de La banda negra (Helena Girón y Samuel M. Delgado)

Sinais, sección dedicada ao cine galego máis afín ao impulso que guía a programación do (S8) bate este año su record de participación cunha selección que supera a vintena de obras (entre curtos e longos) coa presenza doutros tantos realizadores entre os que figuran: Ángel Santos, Alberte Pagán, Carla Andrade, Xiana Gómez Díaz, Diana Toucedo, Lucía Vilela, Jaione Camborda, DSK (Juan Lesta e Belén Montero, Miguel Mariño, Clara Sobrino, Otto Roca, Helena Girón e Samuel M. Delgado, ademáis do foco dedicado a Xacio Baño e a proxección de Jet Lag de Eloy Domínguez Serén.

A sexta edición do festival acollerá a estrea mundial da película Volontè, obra colectiva realizada en Galicia que retrata a reunión, tras un ano de inactividade, do grupo de improvisación sonora experimental e noise do mesmo nome. Despois da proxección ofrecerase un concerto e unha filme performance.

Lua_Still_4

Lua, de Miguel Mariño

SINAIS EN CURTO

Máis dunha ducia de realizadores galegos reuniranse a principios de xuño na Coruña para mostrar un total de quince curtametraxes na súa maioría producidas durante o último ano. SINAIS EN CURTO convértese así nunha ventá ao novo cine feito en Galicia e un escaparate para que os realizadores presenten a súa obra tanto ao público coma aos profesionais da industria que se dan cita no (S8). A selección inclúe a estrea de El juicio adelantado, de DSK (Juan Lesta e Belén Montero), que tamén mostrarán a peza Cine ASCII_art. (2003). Ángel Santos presentará o seu traballo Camiños de Bardaos, Helena Girón e Samuel M. Delgado farán o propio con Sin Dios ni Santa María, e Clara Sobrino con Trance.

Outros cortos producidos este ano que poderán verse na sección son SANSa SOLEIL de Otto Roca, Superfícies – peter (tubo) de Alberte Pagán e dúas películas en Super 8, unha delas telecinada a vídeo, Proba do axilidade de Jaione Camborda, e outra, ésta proyectada no seu formato orixinal, Bionte de Lucía Vilela. Tamén neste compendio do cine galego máis suxerente encontramos dúas obras en 16mm do artista experimental coruñés Miguel Mariño que proxectará Lúa (2014) e Tríptico Binario (2014); así como de Diana Toucedo, de quén recuperamos a obra Ser de Luz (2010).

Xiana Gómez Díaz, cineasta galega seleccionada como finalista do proxecto X Films de Punto de Vista, Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, amosará a súas películas While It Spins (2014) e Dúas pitas / Two chicken (2013). Asimesmo, a artista visual Carla Andrade presentará un diálogo entre as culturas chilena e nepalí, a través da contraposición do work in progress Kuch Nahi, peza rodada en super 8 na que busca experimentar o vacío do deserto de Atacama (Chile), en contraste co bullicio de Katmandú protagonista dunha instalación titulada Choven manchas de tempo que montará na Fundación Luis Seoane durante o festival.

VOLONTÈ_FOTOGRAMA_03

VOLONTÈ, O RUIDO ENTRE SUSPIROS

O (S8) acollerá, tamén dentro do programa SINAIS EN CURTO, a estrea mundial da película Volontè, obra colectiva de Marcos Flórez, Helena Girón, Rafael e Roberto Mallo, Miguel Prado, Lucas Vázquez e Lucía Vilela. A cortometraxe retrata a reunión tras un ano de inactividad do grupo de improvisación sonora experimental e noise do mesmo nome, desvelando o dispositivo fílmico ao tempo que o da propia banda. A proxección terá lugar o vernes 5 de juño ás 22.30h no patio da Fundación Luis Seoane nunha sesión que incluirá concerto e film performance.

En Volontè, película rodada en 16mm, músicos e cineastas convértense nun único colectivo que defende o ‘amor como proceso de colaboración, como un encontro material concreto a través da participación de diferentes que co-escriben e co-producen xuntos’.

 

Mini (S8) Ritmos, sons e melodías. Obradoiro de sonorización de cine mudo para nenos e mozos

SEGUNDO_DE_CHOMON_VIAJE_A_JUPITER-5SEGUNDO_DE_CHOMON_VIAJE_A_JUPITER-5 copia

O 30 de maio terá lugar no MAC – Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa un obradoiro impartido por Eunice Martins, co apoio de Rogelio Groba, no que os nenos e nenas de 12 a 16 anos participantes poderán sonorizar en vivo a película muda Viaje a Júpiter, de Segundo de Chomón. Incripcións abertas.

Data: 30 de maio 2015

Lugar: MAC Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa

Horario: de 16.00 a 19.00h

Presentación pública e proxección: 19.30h

Alumnos: nenos e nenas de 12 a 16 anos

Prazas limitadas: 20 alumnos

Prezo: 15 euros.

Linguaxe: inglés

Experiencia: non se require (aínda que é recomendable ter algún contacto coa música ou tocar algún instrumento)

Presentación

O obradoiro consiste en participar activamente na realización conxunta dunha banda sonora para unha película muda, unha experiencia creativa que brindará a oportunidade de descubrir os diferentes enfoques da relación entre a imaxe, o son e a música.

Facer que unha película teña son, elaborar e componer unha banda sonora, é una tarefa fácil e difícil ao mesmo tempo. ¿Cómo se poden traducir os mundos e secretos da imaxen a sons e música que cheguen aos nosos oídos?

Nas tres horas que dura este obradoiro, investigaremos as características do son dos instrumentos e os seus corpos sonoros, e os relacionaremos cunha película muda. Crearemos deste modo secuencias de música e paisaxes sonoros para a película, e os ensaiaremos cos nosos instrumentos para, ao final, interpretalos nunha proxección en vivo.

Programa

1. Breve introducción á historia da sonorización no cine

2. Visionado e análisis da película Viaje a Júpiter de Segundo de Chomón, 1909

3. Selección de instrumentos e investigación das características dos seus sons

4. Creación, desenrolo e ensaio de composicións sonoras para as secuencias da película

Despois do obradoiro realizarase a proxección de Viaje a Júpiter sonorizada en directo polos alumnos, nun evento aberto ao público.

Eunice Martins   pianistin improvisation komposition

Eunice Martins (Berlín, 1965) é pianista, música especialista en improvisación e compositora. Formada na universidade das Artes de Berlín e na Academia de Música Wiesbaden, dende o 2000 é pianista de Kino Arsenal – Instituto de Cine e Videoarte de Berlín. Martins é una profesional de prestixio internacional, recoñecida en Asia, América e Europa. É diseñadora de son para cine e teatro, e creou diversas instalación sonoras. Traballa tamén como profesora en varias universidades de Alemaña e Francia, e impartiu conferencias sobre cine e música/son en Hong Kong, Nova Delhi, São Paulo e Shanghai, entre outros. As súas labores didácticas inclúen tamén clases maxistrais, obradoiros e proxectos de composición e sonorización para nenos e adolescentes en Berlín e Bruselas.

Rogelio Groba violinista e director da Orquestra de Cámara Galega, participará como profesor de apoio local. Formado polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña, o Conservatorio Superior de Música de Oviedo, e a Guidhall School of Music and Drama. Groba cosechou grandes éxitos a nivel mundial, e foi director da Orquesta Sinfónica del Conservatorio de Música de A Coruña. Además de director-concertino da Orquestra de Cámara Galega, é patrono da Fundación Rogelio Groba Groba, e profesor superior de Violín y Música de Cámara no Conservatorio superior de Música de A Coruña.

Alumnos

Todos aqueles nenos e adolescentes interesados na música e a súa importancia para o cine. Darase cabida tanto a estudantes do conservatorio como a calquer neno interesado na música, o cine e o son. O obradoiro impártese en inglés. Recoméndase que os participantes que toquen algún instrumento o traian.

Incripcións

Ata o 27/05/2015 entregando a folla de inscripción cuberta xunto co importe en efectivo na recepción do MAC en horario de apertura. Precísase saber no momento da inscripción se o alumno toca algún instrumento, de cal se trata e se o pode levar ao obradoiro.

Toda a información e o formulario aquí.

Vídeo-resumen (S8) 2014: ver o que foi, desexar o que será

Non hai mellor vitamina que axude a coller forzas para unha nova edición do (S8) que recordar todo o que aquí ocorreu o ano pasado. A edición especial Xapón trouxo a Coruña todo un movemento sísmico a través do traballo de Takahiko Iimura, Daïchi Saïto, Teruo Koike e o Colectivo [+ ]: Takashi Makino, Rei Hayama e Shinkan Tamaki. A inauguración co katsuben-benshi na proxección de Hirokichi The Rat xa anunciaba o poderío do que se nos viña encima, do mesmo xeito que o inmenso proxecto Lost&Found, que axuntou Galicia e Xapón a través dun extenso programa expositivo, didáctico e performativo. Pero a cousa non se quedou aí: a cor e a enerxía de Jodie Mack inundou Coruña, o festival invitado Media City trouxo desde Canadá unha selección que nos deixou sen alento, e as nosas noites de Desbordamentos trouxéronnos, ademais da o citado Makino, as experiencias únicas vividas con Esperanza Collado e o Colectivo Crater. Os locais tampouco se quedaron curtos: Eloy Domínguez Serén expuxo a súa única mirada sobre a vida e o cine, puidemos ver o último traballo do gran Xurxo Chirro e Sinais en Curto ofreceu un somero panorama da calidade do cine galego. Manolo González, pola súa banda, ensinounos o seu humillante labor didáctica co cine dos “nativos dixitais”. E, seguindo a liña deste semillero de paixón polo cine, o Mini (S8) puxo en marcha unha inesquecible filme performance creada por nenos. E, aínda por riba, membros dos máis relevantes Artist Run Labs reuníronse na Coruña: o francés L’Abominable, Labor Berlin, o Filmwerkplaast de Rotterdam, o barcelonés Crater Lab e Double Negative, de Montreal.

Todo iso e máis cousas que non é posible expresar con palabras, no noso resumo. Xa empeza a conta atrás.