O (S8) nas nubes
Presentamos o cartel e o vídeo do (S8) 2016, inspirados nas nubes da Coruña e no tema desta edición, os novos impresionistas.
Presentamos o cartel e o vídeo do (S8) 2016, inspirados nas nubes da Coruña e no tema desta edición, os novos impresionistas.
No marco da súa sétima edición, a Mostra reunirá a relevantes realizadoras galegas, ao redor de ‘Cinema e muller’, o novo proxecto da cineasta Xisela Franco e a produtora Beli Martínez co apoyo da Deputación de Pontevedra e presentado recentemente. O (S8) organiza un debate no que participarán, ademais de Franco e Martínez, Xiana Gómez-Díaz, Diana Toucedo, Carla Andrade, Jaione Camborda e Margarita Ledo, moderado por o xornalista Ángel Suanzes.
O encontro pecharase coa proxección de Visións, película colectiva realizada dentro desta mesma iniciativa. As cineastas participantes recibiron a proposta de dirixir unha curta nun prazo de dous meses. Tras reunirse, coñecer os seus respectivos traballos, intercambiar ideas e compartir, gracias á inmediatez das redes sociais, o seu proceso creativo, este grupo de cineastas sacou á luz unha película de curtametraxes que inclúe as seguintes pezas: Listen to Me de Carla Andrade, Proxectar-se de Eva Calvar, 1/2 de Olaia Sendón, Ambos mundos de Claudia Brenlla, Ei, guapa! de Sonia Méndez, Aava de Andrea Zapata-Girau, Aquí dentro de Lara Bacelo, Zeitübergreifend de Begoña M. Santiago, Voguing de Carme Nogueira e Corpo preto de Diana Toucedo.
Máis dunha decena de realizadores reuniranse a principios de xuño na Coruña para mostrar outras tantas curtametraxes producidas, na súa maioría, durante o último ano. SINAIS en curto convértese así nunha xanela ao novo cinema feito en Galicia e nun escaparate para que os realizadores presenten a súa obra tanto ao público como aos profesionais da industria que se dan cita no (S8). A selección inclúe pezas producidas dentro da segunda edición do Chanfaina’Lab, celebrada entre o 4 e 6 de setembro de 2015 en San Sadurniño. Unha novidosa experiencia de creación audiovisual colectiva na que os participantes deben gravar/filmar ao longo dun fin de semana unha película de curta duración, con absoluta liberdade sobre o tema e o tratamento audiovisual. Neste sentido, o (S8) recupera os traballos de Lucía Vilela (Toxos e flores), Mar García (Beleza do verán), Natalia Porca (Materia Prima), Diana Toucedo (Homes), Alberte Branco (Trazos) e Miguel Mariño (O tempo da mazá). Ademais, a Mostra presentará xunto a estas, as curtas doutros tres realizadores: Gonzalo E. Veloso (Subida ao cerro), Xurxo Chirro (Jeannette) –gañadora do premio á mellor curtametraxe do Ficic 2016 en Arxentina– e Borja Santomé Rodríguez (Historia cerebro).
A colaboración entre o (S8) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA) fortalécese aínda máis se cabe cunha nova edición do aulaCREA. Neste sentido, ambas partes quixeron elevar o listón e contarán co cineasta Eugeni Bonet, quen dará unha conferencia baixo o título de ‘Eugeni Bonet: perito en pantallas, proxeccións e bucles’. Bonet toca diversas teclas en cinema, vídeo e medios dixitais. Desde 1973, a súa actividade despregouse entre a reflexión e a práctica, e entre o marco das artes visuais e o da imaxe en movemento. Na súa intervención, o cineasta comentará outros aspectos da súa traxectoria nunha conferencia ilustrada mediante documentos, demos e extractos das súas filmesculturas, pezas de proxeccións múltiples e en bucle perpetuo; así como referencias ao seu apego polo found footage e os desproveitos audiovisuais, así como polo azar, a desorde e as estruturas imprevisibles.
A charla completarase coa proxección da súa peza 133 (1978-1979 / 16 mm), realizada en colaboración con Eugènia Balcells a partir de desproveitos cinematográficos de especies diversas (filmes comerciais de distintos xéneros, películas amateurs, familiares, publicitarias, industriais e turísticas). Acto seguido, proxectarase un work-in-progress da súa próxima película eGolem (una de miedo) (2007- en curso / vídeo). Este filme expón unha versión da lenda do Golem a partir de extractos do libro de Gustav Meyrink e con algunhas imaxes da versión cinematográfica de Paul Wegener e Carl Boese, as cales se solapan con outras propias, tomadas ao longo dun percorrido polas principais xuderías da xeografía española.
Ademais, a proxección das súas pezas contará coa presentación do tamén cineasta e teórico Albert Alcoz.
Fechas: 28 Maio 2016 – 29 Maio 2016
Destinado ao público infantil (10-15 anos), neste taller de experimentación plástica impartido polo cineasta galego Miguel Mariño os días 28 e 29 de maio na Fundación Luis Seoane, dentro da programación da séptima edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico, os asistentes aprenderán a construír artesanalmente un dispositivo de proxección a partir do reciclaxe de materiais cotiáns. En só tres sesións de traballo repartidas ao longo da fin de semana, cada participante construirá o seu propio proxector, que se poderá levar a casa ao rematar o taller. Aprenderá tamén a utilizar o dispositivo permeténdolle xerar gran variedade de efectos lumínicos e calidades de imaxe.
Finalmente todos os integrantes traballarán na creación dunha obra conxunta que será representada como clausura do taller (domingo 29 de maio pola mañá) nunha sesión aberta ao público. Os alumnos terán para isto que desenvolver unha partitura/guión do espectáculo e deseñar a súa propia posta en escena. Unha “performance” creada colecivamente que funciona como elemento de cohesión do traballo individual.
Despois da experiencia acumulada na realización de diferentes intervencións performativas baseadas na proxección, Miguel Mariño presenta esta proposta de taller que mestura a potenciación das cualidades artísticas de cada participante e a cohesión nunha experieencia colectiva como base da creación. O taller non é soamente unha guía de materiais e procedementos para construción de dispositivos de proxección, senón que ademais é unha invitación á creación dunha obra coletiva que terá a súa culminación nunha performance lumínica, facendo visible o resultado do traballo realizado.
Horario do taller: sábado 28 de maio de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e domingo 29 de maio de 11:30 a 14 horas.
Lugar: Fundación Luis Seoane
Inscripcioes: previamente a través do enderezo de correo electrónico [email protected] (prazas limitadas).
Aínda que o taller é gratuíto, cada participante deberá aportar 10 euros para material que se empregarán no desenvolvemento da actividade, unha cota que deberá entregar ao monitor do taller antes de comezar a primeira sesión.