Naomi Uman: a arte da manipulación
Na terceira edición do (S8) contaremos coa visita de Naomi Uman. Ademais de presentar unha sesión con algúns dos seus traballos máis relevantes, Uman vén disposta e preparada para dar un obradoiro de cinema en 16mm tras a Mostra baixo o título “O Kinder do Cine”. Tanto a través da sesión como do taller iremos directo ao gran do que é unha parte esencial da súa obra, que é o traballo manual, a manipulación directa das materias primas. info