Sinais en curto. Galicia desdobrada
Galicia é unha, pero parecese desdobrarse en moitas por conta das múltiples voces e ámbitos que o seu panorama cinematográfico ofrece, un panorama do que damos conta a través do percorrido anual de Sinais en curto. Parecese que a curiosidade e a exploración guiasen os pasos do cinema galego, sendo ademais o formato curto un campo abonado para dar renda solta ás manifestacións que saen desa forma de pensar e facer. Desde a experiencia e o coñecemento ata a mocidade e o descubrimento, Sinais en curto funciona como variado catálogo de mostras da colleita recente. info