Posts etiquetados en ‘Removed’

Naomi Uman: a arte da manipulación

Hand eye coordination, Naomi Uman

 

Na terceira edición do (S8) contaremos coa visita de Naomi Uman. Ademais de presentar unha sesión con algúns dos seus traballos máis relevantes, Uman vén disposta e preparada para dar un obradoiro de cinema en 16mm tras a Mostra baixo o título “O Kinder do Cine”. Tanto a través da sesión como do taller iremos directo ao gran do que é unha parte esencial da súa obra, que é o traballo manual, a manipulación directa das materias primas. info