Lewis Klar visita por primera vez España en esta edición del (S8). Aunque conocido por sus collages animados, hay que mirar más allá del medio expresivo: detrás de Klahr está presente la historia del cine experimental, y él mismo se revela como una de las figuras más relevantes a día de hoy en su campo. A continuación, traducimos al castellano un artículo de Chris Stults para la prestigiosa revista Film Comment que nos introduce en la obra de Klahr con justicia y conocimiento, valorando la obra de este creador en su verdadera dimensión y envergadura. info
Na terceira edición do (S8) contaremos coa visita de Naomi Uman. Ademais de presentar unha sesión con algúns dos seus traballos máis relevantes, Uman vén disposta e preparada para dar un obradoiro de cinema en 16mm tras a Mostra baixo o título “O Kinder do Cine”. Tanto a través da sesión como do taller iremos directo ao gran do que é unha parte esencial da súa obra, que é o traballo manual, a manipulación directa das materias primas. info
Fai cousa de once meses pechábamos a segunda edición do (S8). Nos corredores do Antigo Cárcere Provincial da Coruña, unha espectral performance en 3D da sin par Zoe Beloff levábanos a outra dimensión, trasladábanos a unha terra imposible atrapada entre o pasado e o presente nunha psicofonía visual. Un xeito de culminar uns días que nos depararon non poucas experiencias sobrenaturais. Puidemos, por exemplo, experimentar en compañía de Nathaniel Dorsky o seu cine devoto, unha sensación que nos traspasou de arriba a abaixo. Tamén, nunha máxica noite coruñesa, Guy Sherwin y Lynn Loo protagonizaron un encontro difícil de esquecer entre o cine performativo e os sons da naturaleza. A Metrópolis de Fritz Lang tamén renaceu, con 20 minutos de metraxe reatopado despois de longos anos, e coa emoción dunha banda sonora interpretada en directo pola Orquesta Filarmónica Cidade de Pontevedra. info
O (S8), aínda xa finalizada a súa segunda edición, segue dando os seus froitos. Aquí temos o testemuño filmado que logramos obter de Left Hand Rotation, logo de interceptarlos polos recunchos do Antigo Cárcere Provincial de A Coruña. A célula deste grupo sempre á contra, segue articulada e conspirando de novos e creativos xeitos, como deixou testemuño o seu paso polo (S8) coas instalacións Trucador e Atención: Spoiler. Aquí os seus membros, que prefiren non revelar a súa identidade, cóntannos que é e que se propón Left Hand Rotation.