Abr 1, 2011
·Vostede está aquí·
A periferia do cine é un terreo pouco coñecido, transitado por algúns exploradores intrépidos que intentan abrir carreiros a través dos cales chegar ao seu corazón. (S8) Mostra de Cine Periférico, na súa primeira edición, empezou un indispensable labor de cartografía, da cal damos conta nestas dúas entregas que hoxe presentamos. Mapear o que está fóra do mapa, definilo e facelo visible é a idea deste Atlas Ilustrado da Periferia, unha pequena guía de man coa que invitamos a todo aquel que estea disposto a aventurarse a unha viaxe polo lado máis sorprendente e arriscado do cine. O Atlas está elaborado por un coidado grupo de estudiosos e persoas que realizan traballos de campo sobre o terreo, cos que tivemos a sorte de contar na primeira edición de (S8).
info