Enrique e Natalia Piñuel rexentan Playtime Audiovisuais: unha plataforma multitarea cuxa labor é, nas súas propias palabras, “que todo o que mereza ser visto se vexa”. Unha labor que, no seu caso, levoulles desde a distribuír e comisariar mostras, ata a producir nunha vital labor no campo do audiovisual. Natalia Piñuel fálanos sobre a selección ao redor da música e o Super 8 que crearon para a sección “Super 8 Contemporáneo” do (S8). info
O (S8) acollerá, dentro do seu programa, unha mostra elaborada por Playitme Audiovisuales dun dos campos máis fértiles no uso do Super 8 a día de hoxe: o videoclip. É un feito que a existencia de internet -mención especial a youtube- devolveu a dignidade perdida ao videoclip, ven máis videoclips que nunca e, sobre todo, ven sen necesidade de que unha gran compañía os programe na televisión. Bandas e artistas independentes teñen a opción de que o que fan sexa visto amplamente en todo o mundo, e sobre todo, que sexa algo máis que un vehículo publicitario. Un estímulo que fai que a creatividade de multiplique, e que esta forma de arte estea máis viva que nunca. O curioso de todo isto é que precisamente unha ferramenta froito dos últimos tempos, a rede, lle dun empuxón a un formato analóxico como é o Super 8. info