Malcolm Le Grice visítanos este ano, e para decatarnos da importancia do acontecemento, só fai falta ler estas palabras escritas por Jonas Mekas no Village Voice. Dúas sesións de cinema, unha master class e unha irrepetible noite de performances e pezas multiproxección, que poderemos experimentar nuns poucos días. Pero deixemos falar a Jonas.
Aínda que pareza que unha disciplina como a restauración e conservación de cinema bebe do pasado e da nostalxia, en realidade ten a súa vista claramente pousada no futuro. O labor de preservar ten que ver con facer perdurar, para os tempos vindeiros, todas aquelas obras ás que se outorga valor. Este ano dedicamos no […]
A continuación, presentamos un fragmento da entrevista que lle fixo Mike Hoolboom a Madi Piller en 2016, incluída no libro Shock, Fear, and Belief: The Films and Vídeos of Madi Piller, editado por Clint Enns e Mike Hoolboom con motivo da retrospectiva dedicada a Piller en Pleasure Dome.
Xa podedes descargar o calendario completo do (S8) 2019. Tomen nota e organicen as súas axendas. Vémonos en Coruña do 31 de maio ao 9 de xuño!
Venres 31 de maio, de 11h a 14h e de 16h a 20h E sábado 1 de xuño, de 11h a 14h e de 16h a 20h Número de prazas: 8 Inscrición: en [email protected] Prezo: 80€ Horarios: De 11h a 14h e de 16h a 20h. Lugar: XIZ Montealto (C/ Santa Teresa, Nº10, baixo. 15002, […]
Neste décimo aniversario da Mostra, que se celebrará entre os próximos 31 de maio e 9 de xuño, a sección SINAIS volve despregarse en diversas iniciativas: por unha banda, o festival dedicaralle unha sesión monográfica á artista, fotógrafa e cineasta galega Carla Andrade e, por outra, acollerá a estrea mundial do filme 7 Limbos, de […]
Alégranos facer públicos os tres proxectos seleccionados para participar en INPUT 2019. Esta selección realizouse entre 27 proxectos, moitos deles de grande interese e calidade, o que fixo moi difícil o proceso de selección. As directoras dos proxectos escollidos disporán de dúas xornadas durante as que poderán contar co asesoramento de profesionais de prestixo internacional […]
A imaxe desta décima edición está protagonizada por unha caracola, un cabaliño de mar, unha culebra e unha flor radiografadas, evocando a catro dos alicerces básicos do cinema como son o son, o proxector, a película e a emulsión fotoquímica. Malcom Le Grice, figura histórica do cinema experimental, impartirá unha master class na que falará […]
A Mostra articulará na súa décima edición un foco arredor do colectivo mexicano LEC – Laboratorio Experimental de Cine, espazo na Ciudade de México dedicado á difusión, creación e formación cinematográfica desde un enfoque multidisciplinar, híbrido e aberto á experimentación con formatos tradicionais. Este foco reúne unha selección de obras dos seus cineastas e dúas […]
INPUT é un espazo de titorización de proxectos cinematográficos en desenvolvemento que xorde da colaboración entre a Fundación Luis Seoane e o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, mediante o que 3 autoras terán acceso a 3 profesionais de prestixio internacional do ámbito do cinema e da arte, con quen poderán discutir acerca dos seus […]
O cinema experimental apostou sempre polo cinema no seu formato orixinal, sendo o feito cinematográfico da proxección en formato filme un dos eixos centrais. Porén, o experimental non está enfrontado coa evolución tecnolóxica. O II Seminario de Crítica quere facer fincapé este ano no mundo online como un espazo onde o cinema experimental debe […]
O (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico celebrará entre os próximos 31 de maio e 9 de xuño a súa décima edición despois de consolidarse ao longo destes anos como cita ineludible para a comunidade do cinema experimental, cinéfilos e simpatizantes da vangarda. Con motivo deste décimo aniversario, o festival continúa engadindo nomes á súa […]