Cela 11 por Anxela Caramés e Ramón Santos

Cela 11 é unha instalación audiovisual de carácter documental e informativo sobre a recreación da memoria e a recuperación da historia do Cárcere Provincial da Coruña, presentada específicamente para o  (S8) I Mostra de Cinema Periférico. É un proxecto realizado por Anxela Caramés e Ramón Santos, contando coa especial colaboración de Victoria Saco, nos apoios, o soporte técnico e a documentación, xunto con Enrique Lista, na fotografía dixital e as diapositivas.

Cela 11 from s8cinema on Vimeo.

instalación estaba formada por varios elementos visuais, sonoros e escritos que funcionando á vez, mais de forma autónoma, provocaban que cada visita fose diferente dependendo do momento no que se entrase á cela, e, tamén, do propio espectador, quen podía elaborar o seu propio relato atendendo ao que máis lle interesase. Por una parte, as imaxes amosaban o estado no que se atopan os diferentes espazos da cadea (dependencias administrativas, sala de visitas, panóptico, celas das galerías principais, enfermería, patios, cociña, lavandería, peluquería módulos de xóvenes e de mulleres…) mediante unha proxección de diapositivas e un vídeo en timelapse que fai un percorrido por todas a dependencias da prisión. Por outro lado, un libro recollía diversas historias que aconteceron na cadea (os presos políticos, o administrador da prisión, a vida dentro do cárcere, o terceiro grao…), e, por último, completábase co audio das entrevistas realizadas a tres persoas vinculadas co Cárcere da Coruña: Xosé Luís Méndez Ferrín coma preso político, Fernanda Pardo coma familiar de preso e Abelardo Domínguez coma funcionario de prisións.

vídeo destinado á web non pretende ser un documento da instalación, máis ben é unha montaxe realizada a posteriori a partir de certos fragmentos sonoros e visuais. Tan só inclúe unha pequena selección dos testemuños das persoas entrevistadas, mesturados con algunhas das imaxes da gravación en vídeo, un paseo polos espazos baleiros da cadea.

<object width=”400″ height=”300″><param name=”allowfullscreen” value=”true” /><param name=”allowscriptaccess” value=”always” /><param name=”movie” value=”http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=12533549&amp;server=vimeo.com&amp;show_title=1&amp;show_byline=1&amp;show_portrait=0&amp;color=&amp;fullscreen=1″ /><embed src=”http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=12533549&amp;server=vimeo.com&amp;show_title=1&amp;show_byline=1&amp;show_portrait=0&amp;color=&amp;fullscreen=1″ type=”application/x-shockwave-flash” allowfullscreen=”true” allowscriptaccess=”always” width=”400″ height=”300″></embed></object><p><a href=”http://vimeo.com/12533549″>Cela 11</a> from <a href=”http://vimeo.com/s8cinema”>s8cinema</a> on <a href=”http://vimeo.com”>Vimeo</a>.</p>