Home » Sin categoría » Guy Sherwin ten unha máquina do tempo

Guy Sherwin ten unha máquina do tempo

Guy Sherwin, unha das figuras máis significativas do cine performativo, fará unha visita ao (S8) con dobre aliciente: por unha banda, a proxección das pezas curtas “ao uso” da súa filmografía. Polo outra, o acontecemento no que se poderá asistir a unha das súas sesións de cine en directo. Algo que, sen dúbida, rompe esquemas con respecto ao que pode facer unha película.