Cinema Primitivo en España e Portugal no (S8)

Este sábado no (S8) poderemos ver unha mostra de como era o cine e como era a sociedade fai máis de cen anos. A mostra da sección “Arquivos Históricos” tráenos unha colección de películas filmadas no sistema Joly Normandin, formato do que Alfonso del Amo, da Filmoteca Española, nos dará as chaves.

De onde vén esta colección? Cal é o seu valor e a súa relevancia?
Son películas filmadas entre a primavera de 1896 e o verán de 1897, pero o máis importante non é que pasen preto de 115 anos senón que non facía nin un ano de que o cine estaba sobre o mundo. Son, atendendo aos criterios da antropoloxía cultural, primeiros contactos cun novo medio, apenas coñecido e por suposto aínda non consolidado. Cando ven estas imaxes, sobre todo as “vistas ao aire libre”, pódese ver como, moitos dos que pasan pola rúa son persoas que non saben que está facendo aí, esa xente con esa manivela. Son esas imaxes e as coetáneas dos Lumière e outros, estanas dando lugar ás comunicacións un mundo, tan novo que vai tardar 100 anos en consolidarse.

¿En que consiste o sistema Joly-Normandin?
O sistema Joly-Normandin (polo nome dos dous enxeñeiros que o inventaron e perfeccionaron) só é un máis entre os que inventaron os pais fundadores da cinematografía.A súa característica máis visible é que dá un formato de imaxe case cadrado. Utiliza a mesma película de 35mm que Edison e os Lumière, quen introduciron a norma (totalmente consolidada posteriormente) de situar 16 fotogramas na lonxitude dun pé de película (304mm); é dicir, dando a cada fotograma a altura de catro perforacións Edison e unha aparencia “apaisada” coas proporcións 1:1’33 (é dicir; 4/3). Joly compraba a película virxe a Paul, un inglés que a fabricaba seguindo exactamente as patentes de Eastman e de Edison, pero desenvolveu as súas fotogramas sobre a altura de 5 perforacións, o cal dá unha imaxe case cadrada.Hoxe en día as pantallas apaisadas parécennos “o normal” pero, se se pensa ben son tan normais como as cadradas; por iso, eu penso que esta característica é moi rechamante pero non é a fundamental. Para min, o fundamental é que o Sistema Joly-Normandin triunfou e desapareceu. No congreso da Federación Internacional de Arquivos Fílmicos (FIAF) celebrado en Tokio no 2007, cuxa sesión técnica estivo dedicada á obsolescencia de sistemas, a Filmoteca Española presentou este sistema como o primeiro que chegara a implantarse (por suposto que incipientemente) e desapareceu por motivos puramente industriais e comerciais; isto, hoxe día, cando os sistemas de imaxe electrónica e de datos aparecen e desaparecen como lóstregos, é toda unha premonición, digna de estudo.

Como foi a restauración? Cales foron os maiores retos técnicos da mesma?
Tecnicamente, reproducir os formatos cadrados de Joly nos formatos apaisados imperantes foi todo un reto.Foi necesario escanear dixitalmente cada fotograma, nun equipo especial construído por técnicos da Filmoteca, tendo en conta que as películas estaban moi fráxiles e cristalizadas (non é posible manexalas en plano para a reprodución) e, desde eses arquivos dixitais, obter un negativo un cámara de kinescopado modificada. As copias de proxección foron obtidas na Cinemateca Portuguesa. Achégoche un fotograma do kinescopado para que poidas comparar o resultado obtido.