Home » Sin categoría » Clausura, que non final

Clausura, que non final

Este domingo a segunda edición do (S8) tocou ao seu fin. Unha clausura que non é máis que un punto e seguido, da que esperamos sexa unha cita constante para o público inquedo e atento á evolución do cine que se achegou durante estes días ao Antigo Cárcere. Unhas 5.000 persoas, ás que queremos agradecer polo seu apoio a unha proposta arriscada pero vital. Como Angel Rueda, director da mostra, puntualizou, «Significa que o festival superou a fronteira da curiosidade cara ao edificio. Este ano houbo menos paseantes e máis participantes. A xente respondeu e mostrou interese. Reafírmannos na nosa aposta pola calidade». Por iso, aínda que esta edición apenas acaba de terminar, xa estamos pensando na seguinte. De momento, quedámonos con algunhas das imaxes dun domingo emocionante.