Vari Caramés: a mirada redonda

A colaboración do admirable (e admirado) Vari Caramés no (S8) é un soño longamente acariñado polos seus organizadores, que finalmente se materializou na segunda edición a través da instalación “Pegadas…”. Unha instalación que naceu coa mesma Mostra, ao penetrar no territorio inexplorado e turbador do Antigo Cárcere Provincial deA Coruña, escenario do que Caramés soubo extraer toda a súa savia emocional e significativa. Falamos con Vari Caramés, que nos relata súa relación co Cárcere e a concepción mesma desta obra única da que puidemos gozar nesta segunda edición do (S8).