Alehop! A conta atrás comeza

 

Dziga Vertov salta

Fai cousa de once meses pechábamos a segunda edición do (S8). Nos corredores do Antigo Cárcere Provincial da Coruña, unha espectral performance en 3D da sin par Zoe Beloff levábanos a outra dimensión, trasladábanos a unha terra imposible atrapada entre o pasado e o presente nunha psicofonía visual. Un xeito de culminar uns días que nos depararon non poucas experiencias sobrenaturais. Puidemos, por exemplo, experimentar en compañía de Nathaniel Dorsky o seu cine devoto, unha sensación que nos traspasou de arriba a abaixo. Tamén, nunha máxica noite coruñesa, Guy Sherwin y Lynn Loo protagonizaron un encontro difícil de esquecer entre o cine performativo e os sons da naturaleza. A Metrópolis de Fritz Lang tamén renaceu, con 20 minutos de metraxe reatopado despois de longos anos, e coa emoción dunha banda sonora interpretada en directo pola Orquesta Filarmónica Cidade de Pontevedra.

O Super 8 amosou estar máis vivo que nunca, bailando ao son de deliciosos ritmos, no programa de videoclip contemporáneo e found footage seleccionado por Playtime Audiovisuales. Os esquivos e incendiarios Letf Hand Rotation puxerons as nosas conecións neuronais funcionar co seu Trucador e o seu Atención: Spoiler. O gran Vari Caramés escarbou na superficie do cárcere abandoada la cárcel abandonada para amosarnos a sua alma. E redescubrimos auténticas xoias do pasado recente e non tan recente: desde o primitivo formato Joly-Normandin (da man da Filmoteca Española) , peculiar invento cinematográfico de principios do século XX, ata a contracultura galega de finais dos 70, o legado en Super 8 de artistas como Xulio Correa, Luis Bericua, Vari Caramés, Ignacio Pardo e Manuel Abad. Deixando espazo tamén para as novas xeracións, co traballo de cuatro fascinantes directoras galegas: Peque Varela, Lara Bacelos, Xisela Franco e María Ruído. E como non todo o cine está necesariamente nas salas, o (S8) expandiuse tamén en forma de instalacións como a do resultado do taller para nenos  de Marcos Nine, A Brecha (do que este ano veremos novas e nutritivas ramificacións), ou a  Festa dos brutos e totais, videoinstalación dos alumnos da licenciatura de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Sen esquecer o espazo no que se puido ver o excelente labor audiovisual de La Casa Encendida, a través da exposición de pezas do Festival Play e de En.Piezas, iniciativas levadas a cabo pola institución.

Tamén houbo lugar para o intercambio e as didácticas profesioais: desde o Observatorio, encontro profesional que o ano pasado xirou en torno ao arquivo , ata o obradoiro para profesionais de 35mm de Kodak. Incluso cultivamos espazo para os máis pequenos, a través da obra da pioneira alemá da animación Lotte Reiniger, e para outras manifestacións artísticas que cruzan os seus camiños co cine: é o caso de Fume, obra na que a bailarina e coreógrafa Ángela Blanco, en colaboración con Iván Rodríguez-Krah e Miguel Mariño, fundiron o seu traballo coas imaxes do cineasta galego premiado en  Cannes Oliver Laxe.

Desde entón non é pouco o que pasou, xa non só no (S8) senón no mundo, sen esquecer o que se refire ao cine no noso país. Hoxe fáisenos aínda máis imprescindible que nunca que o (S8) exista, e que sexa unha celebración da creación autónoma, da reciclaxe e da vida mesma. Cambiamos de sede, pero non de espírito. Dentro de menos dun mes empezará unha explosión incontido de cine: Super 8, 16mm, experimentación, performance, apropiación, vangarda e entusiasmo. Unha festa na que público cinéfilo atoparase para gozar dunha programación, dentro e fóra das salas, construída con paixón e esmero. Só unha pequena mostra de nomes xa fai que a espera ata entón se faga longa: Peter Kubelka, Michael Nyman (acompañando a Dziga Vertov), Naomi Uman, Lewis Klahr, Janie Geiser, Miwa Matreyek, La Cuadrilla, ou Andrés Duque, podemos decir, deixando aún no tinteiro cousas que quedan por descubrir. A conta atrás comeza. Alehop!