Marcos Bertoni, o héroe do Super 8

0605 Marcos Bertoni SEGUNDA VIDA DE LAS IMÁGENES

O (S8) dará a benvida na súa sexta edición ao auténtico heroe do Super 8 brasileiro: Marcos Bertoni. Un personaxe polifacético, reivindicado por moitos grazas á película Avanti Pópolo (Michael Wahrmann, 2012) que, ademáis de cineasta, é arquitecto, escultor, guionista e especialista en efectos visuais para cine e TV. Este iconoclasta collagista indomable empezou a facer cine a finais dos 70 influenciado polo Cinema Marginal e o Cine de Boca do Lixo. Cos anos o seu selo persoal, cheo de subversión e humor, desembocou no que bautizaría como “Dogma 2002”: unha evolución en tono de parodia do Dogma 95 danés coa máxima de “Prohíbese filmar. Permítese reciclar, montar, doblar. Sempre en Super 8″.

Remezclando material propio e alleo, o paulista Bertoni leva a economía de medios por bandeira redefinindo a etiqueta do cine low cost. O (S8) presentará unha mostra do seu cine máis reivindicativo e satírico. O programa inclúe títulos como Cleopatra (1979), Cores (1985), A Revolução das Massas (1983), No Fundo do Poço (2005), Cocô Preto (2003) e Môr (2014). Esta sesión, englobada na sección ‘Segunda vida de las imágenes’, realizarase integramente cos Super 8 orixinais o sábado 6 de xuño ás 17.00 horas na sede de Afundación Coruña.