Scott Stark: A regra do xogo

Tomando a mesma esencia e propiedades do material co que traballa e converténdoas nun terreo de xogo, Scott Stark construíu unha obra (que se move ao redor de 90 películas e que tamén comprende instalacións, colaxe e performance) na que cada un dos ítems que a compoñen se constrúe de acordo a unha reveladora premisa: “Gústame crear unha situación, darlle unha serie de parámetros, e ver que pasa”, di Stark. Regras de xogo que Stark inventa, pero que non son outra cousa que un punto de partida cara a unha experimentación sen límites e sen complexos, da que abre as xanelas e deixa pasar o azar.

Agradecementos: Scott Stark.