(S8), mellor proxecto cultural de Galicia segundo o Observatorio da Cultura

O S8) Mostra de Cinema Periférico  vén de ser elixido como o mellor proxecto cultural en Galicia segundo o Observatorio de la Cultura!
Estamos moi contentos e agradecidos por este recoñecemento por parte dos máis de mil profesionais da cultura que participan na elaboración deste informe anual impulsado pola Fundación Contemporánea. Grazas a todas as institucións e empresas colaboradoras polo seu apoio e, sobre todo, moitos parabéns a todo o equipo de profesionais que ano tras ano o fai posible!

Erguer e manter vivos proxectos culturais coma os que aparecen neste ranking (e outros tantos que non están) esixe o traballo duro e constante de moitas persoas. Por iso cremos que é necesario poñer en valor a toda a xente que cre e traballa por e para a cultura.