A Tate Modern réndese ante o arrebato do cine español

Londres foi o escenario de luxo do ciclo From Ecstasy to Rapture: 50 Years of the Other Spanish Cinema (Do éxtase ao arrebato: 50 anos do outro cine español). Durante tres días, do 15 ao 17 de abril, o Auditorio da Tate Modern ofreceu a un público entregado o cine máis vangardista e experimental, á vez que descoñecido, dos nosos creadores. info

Benvidos ao (S8) Mostra de Cinema Periférico 2011

Pasen e póñanse cómodos. Dámoslles  a benvida á segunda edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico, que terá lugar os días 2, 3, 4 e 5 de xuño no Antigo Cárcere Provincial de A Coruña. Aínda que quedan varias semanas, dende aquí xa comezamos a ofrecer algúns aperitivos que dan unha idea do saboroso menú que se poderá disfrutar este ano na Mostra. Non hai máis que ver o repaso en vídeo da primeira edición do (S8), no 2010, para que a calquera se lle faga a boca auga. Así que permanezan en sintonía…

info

Atlas Ilustrado da Periferia Vol.3

·Vostede está aquí·

Terceira e última entrega dun Atlas que continua en transformación e en reescritura constante. Quitando o po que nos impide atopar a periferia nos mapas máis arcaicos, e utilizando o centro como mero punto de referencia debuxar o mapa, que neste caso é inequivocamente un mapa do tesouro.

info

Atlas Ilustrado da Periferia Vol.2

·Vostede está aquí·

Nesta segunda entrega do noso Atlas Ilustrado da Periferia, veremos como a periferia non só pode estar nas marxes, senón que tamén poden acharse nos subterráneos, no mundo flotante da rede ou, ata, nunha salchicha. Seguimos trazando as liñas do noso mapa.

info

Atlas Ilustrado da Periferia Vol.1

·Vostede está aquí·

A periferia do cine é un terreo pouco coñecido, transitado por algúns exploradores intrépidos que intentan abrir carreiros a través dos cales chegar ao seu corazón. (S8) Mostra de Cine Periférico, na súa primeira edición, empezou un indispensable labor de cartografía, da cal damos conta nestas dúas entregas que hoxe presentamos. Mapear o que está fóra do mapa, definilo e facelo visible é a idea deste Atlas Ilustrado da Periferia, unha pequena guía de man coa que invitamos a todo aquel que estea disposto a aventurarse a unha viaxe polo lado máis sorprendente e arriscado do cine. O Atlas está elaborado por un coidado grupo de estudiosos e persoas que realizan traballos de campo sobre o terreo, cos que tivemos a sorte de contar na primeira edición de (S8).

Bruce McClure cenicienta

info