Arquivos da ‘Sin categoría’ Categoría

A cineasta Jeannette Muñoz e unha homenaxe a Jonas Mekas, primeiros contidos da décima edición do (S8)

Con motivo do seu décimo aniversario, a Mostra artellará un programa especial que, baixo o nome “Vellos e novos amigos”, achegará ata a cidade a obra de cineastas convidados en pasadas edicións xunto a pezas de creadores afíns á liña de programación do festival, entre os que se atopa a chilena Jeannette Muñoz, unha das creadoras experimentais e de vangarda máis destacadas do noso tempo.

A cineasta impartirá tamén o obradoiro “Todo depende do cristal co que se mire” destinado a nenas, nenos e xóvenes con diversidade funcional. A través desta actividade, coorganizada xunto a NORMAL – Espacio de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, o festival revalida a súa aposta pola utilización do cinema como ferramenta e motor da inclusión social. Nela, os asistentes participarán no proceso de creación de fragmentos cinematográficos colectivos partindo da aportación e a suma de ideas individuais, tendo así a posibilidade de descubrir novos xeitos de ollar o mundo. Ademais das sesións de traballo, o taller rematará cunha presentación pública na que os participantes lles amosarán aos asistentes as pezas realizadas durante a actividade e na que se establecerá un diálogo entre os creadores, o público e a propia Jeannette Muñoz.

‘Invisible acts’: Jonas Mekas, padriño dunha xeración

O (S8) quere lembrar na súa décima edición a figura do recentemente falecido Jonas Mekas a través de ‘Invisible acts’, un programa especial comisariado polos programadores Andrea Franco e Javier Trigales.  A selección de filmes que o compoñen celebran a figura de Mekas como padriño dunha xeración de cineastas de vangarda que defendeu e apoiou dende as páxinas de Film Culture, The Village Voice e nas sesións de Filmmakers’ Cinematheque e o Anthology Film Archives. A homenaxe estará composta por unha selección de aqueles creadores e artistas que o lituano considerou imprescindibles por atopar poesía no seu cinema e porque reflictiron as preocupacións da muller e o home da época, algo esencial para Mekas á hora de que un filme cobrase sentido real. No programa poderán atoparse pezas de cineastas como Marie Menken, Hollis Frampton, Jack Smith ou Larry Jordan, entre outros.

Acción Cultural Española (AC/E) coorganiza co (S8) e LIFT o novo programa de residencias artísticas BAICC

Acción Cultural Española (AC/E) coorganiza un novo programa de residencias artísticas junto co (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico e LIFT-Liaison of Independent Filmmakers of Toronto. As residencias, de entre 4 e 6 semanas de duración, están destinadas a persoas nacidas ou residentes en España, que desexen crear unha obra en soporte fílmico nas instalacións de LIFT en Canadá.

AC/E como sociedade estatal para a promoción da cultura promove co seu traballo o impulso do sector creativo-cultural de España a través dun amplo programa de actividades, como as axudas para fomentar a movilidade exterior de profesionais  creadores tales como las residencias para artistas en distintas disciplinas. Os proxectos de AC/E suliñan a diversa contribución española á cultura global, así como as recentes aportacións dos seus creadores máis actuais nos principais ámbitos creativos.

Nos próximos meses se anunciará a convocatoria de estas novas residencias.

Calendario (S8) 2017

Xa dispoñible para descargar o calendario da 8ª edición de (S8) Mostra de Cinema Periférico. Tomen nota e organícense para poder gozar de todas as actividades que ofrecemos nesta edición cargada de emocións.

Aldo Tambellini
Tras unha porta negra

O artista italoamericano Aldo Tambellini, un dos pais da contracultura americana, será obxecto dunha ampla retrospectiva no (S8).

Helga Fanderl
Resonancias

Helga Fanderl, que nos visita nesta edición, leva desde os anos oitenta facendo algunhas das películas en super 8 máis belas do planeta.