Arquivos da ‘Sin categoría’ Categoría

A animación punk de Martha Colburn

Martha Colburn, unha das máis relevantes figuras da animación experimental, punk e subversiva, presenta unha selección dos seus traballos en 16mm e unha sesión de VJ xunto a Jesús Guisado.

Programa LIFT (Toronto)

Baixo o título “Locais e visitantes – Encargos e films de artistas en residencia da Liaison of Independent Filmmakers of Toronto” Chris Kennedy trae unha selección dalgúns dos traballos producidos por esta cooperativa canadense da que é director executivo.

Festival convidado: L’Âge d’Or

Olivier Dekegel, programador de L’Âge d’Or Festival, preparou unha deliciosa selección de films que representan a liña de programación esta cita de Bruxelas.

Calendario (S8) 2016

Xa está dispoñible o calendario da sétima edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico para a súa descarga en PDF.

William Raban. O tempo e a materialidade do cinema

Unha das figuras clave do cine experimental e expandido británico William Raban presentará na Coruña un programa dos seus films e impartirá unha masterclass.