Nicky Hamlyn. Abstracción cotiá
O cineasta británico Nicky Hamlyn é un dos invitados desta edición, na que presentará unha selección das súas películas e filme performances, estreando na Coruña a súa nova peza Quadrants.
O cineasta británico Nicky Hamlyn é un dos invitados desta edición, na que presentará unha selección das súas películas e filme performances, estreando na Coruña a súa nova peza Quadrants.
Da man de AC/E (Acción Cultural Española) chega á Marina coruñesa esta exposición comisariada por Blanca Berlín, unha mirada ao cinema dos máis importantes fotógrafos españois contemporáneos.
O (S8), aínda xa finalizada a súa segunda edición, segue dando os seus froitos. Aquí temos o testemuño filmado que logramos obter de Left Hand Rotation, logo de interceptalos polos recunchos do Antigo Cárcere Provincial de A Coruña. A célula deste grupo sempre á contra, segue articulada e conspirando de novos e creativos xeitos, como deixou testemuño o seu paso polo (S8) coas instalacións Trucador e Atención: Spoiler. Aquí os seus membros, que prefiren non revelar a súa identidade, cóntannos que é e que se propón Left Hand Rotation. info
A colaboración do admirable (e admirado) Vari Caramés no (S8) é un soño longamente acariñado polos seus organizadores, que finalmente se materializou na segunda edición a través da instalación «Pegadas…». Unha instalación que naceu coa mesma Mostra, ao penetrar no territorio inexplorado e turbador do Antigo Cárcere Provincial deA Coruña, escenario do que Caramés soubo extraer toda a súa savia emocional e significativa. Falamos con Vari Caramés, que nos relata súa relación co Cárcere e a concepción mesma desta obra única da que puidemos gozar nesta segunda edición do (S8). info