Arquivos da ‘Sin categoría’ Categoría

Aliados en e coa periferia

O (S8) deu moito de si. Durante os días da Mostra, exploramos da man dos nosos protagonistas os máis recónditos recunchos do Antigo Cárcere, para falar do traballo e as impresións de cada un. A serie comeza con Ángel Rueda, director do (S8), e Beatriz Navas, responsable de audiovisuais de La Casa Encendida, que sosteñen un diálogo sobre os novos camiños do cine e, sobre todo, as vías polas que as creacións máis estimulantes vanse abrindo paso ata o público.

Clausura, que non final

Este domingo a segunda edición do (S8) tocou ao seu fin. Unha clausura que non é máis que un punto e seguido, da que esperamos sexa unha cita constante para o público inquedo e atento á evolución do cine que se achegou durante estes días ao Antigo Cárcere. Unhas 5.000 persoas, ás que queremos agradecer polo seu apoio a unha proposta arriscada pero vital. Como Angel Rueda, director da mostra, puntualizou, «Significa que o festival superou a fronteira da curiosidade cara ao edificio. Este ano houbo menos paseantes e máis participantes. A xente respondeu e mostrou interese. Reafírmannos na nosa aposta pola calidade». Por iso, aínda que esta edición apenas acaba de terminar, xa estamos pensando na seguinte. De momento, quedámonos con algunhas das imaxes dun domingo emocionante. info

Zoe Beloff pecha o (S8) levándonos a outra dimensión

A última xornada do (S8) ten como protagonista especial a Zoe Beloff. Ademais de poder ver unha mostra dos seus traballos, a artista porá un peche á Mostra transportándonos a outra dimensión coa súa performance en 3D analóxico Claire and Don in Slumberland. Falamos con Zoe Beloff, que nos entreabre unha porta aos seus mundos imaxinarios.
info

Mulleres, pero non baixo a influencia

Algo pasa en Galicia ou, polo menos, algo pasa na nova xeración de artistas galega. Hoxe na sección “Outros formatos do cine en Galicia. Hoxe” poderemos ver o traballo de catro creadoras ben distintas entre si, entes autónomos, en continua ebulición formal e ideolóxica: María Ruído, Peque Varela, Lara Bacelo e Xisela Franco. Ás 17:oo h e ás 19;00 h na Antigo Cárcere. info

Comisarios comprometidos no (S8)

A mañá do sábado tivo lugar unha presentación que agrupou a dous axentes culturais inquedos e atentos á periferia do audiovisual: Playtime Audiovisuales (coa presenza de Natalia e Enrique Piñuel), comisarios de ciclo de Super 8 Contemporáneo desta edición, e Beatriz Navas, responsable da área de audiovisuais de La Casa Encendida, presente no (S8) cunha mostra de dúas dos seus programas máis estimulantes: En.Piezas (certame de curtos de “mozos exploradores”) e Play, mostra dedicada á beira performativo do cine. info