Arquivos da ‘Sin categoría’ Categoría

Os outros formatos do cinema en Galicia chegan ao cárcere

Hoxe xoves ao mediodía presentouse, en convocatoria aberta ao público e á prensa, a sección do (S8) «Outros formatos do cinema en Galicia». Á presentación acudiron Xurxo Taxes e Anxela Caramés, comisarios da mostra «Accións e delirios en 8mm. Galicia 1975-85″, protagonista do apartado de «Cine recuperado», Ignacio Pardo, artista representado nesta mostra, e José Manuel Sande, do CGAI, quen se encargou de presentar o ciclo de artistas galegas que compón o apartado «Hoxe» da sección. info

Preparados, listos… ¡xa!

A tarde do mércores o Teatro Colón acolleu, cun cheo total, o acontecemento que deu o pistoletazo de saída da segunda edición de (S8) Mostra de Cinema Periférico: a proxección da versión íntegra e restaurada de Metrópolis, obra clave da vangarda cinematográfica dirixida por Fritz Lang. A Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra baixo a dirección de Javier Viceiro ofreceu unha emocionante interpretación da partitura orixinal da banda sonora, perfecto contrapunto ás impresionantes imaxes da película; unha potente combinación que levou de rúa ao público coruñés. E un comezo perfecto para os catro días que nos esperan, nos que o máis estimulante do cine experimental e periférico tomará o Antigo Cárcere Provincial da Coruña.

info

O ceo na Terra: manifestacións do inefable

Este ciclo, parte da programación do (S8), poderá verse no CGAI desde o 31 de maio ao 4 de xuño no CGAI. Comisariado por Garbiñe Ortega e parte da sección “A segunda vida das imaxes” , o ciclo percorre as diversas visións sobre a espiritualidade e sobre os “outros mundos” de catro autores crave do cine experimental norteamericano: Zoe Beloff, Nathaniel Dorsky, Robert Beavers e Phil Solomon.

Novo clip oficial da segunda edición do (S8)

A segunda edición de (S8) Mostra de Cinema Periférico, que terá lugar os días 2, 3, 4 e 5 de xuño xa ten vídeo oficial. Enlazando cunha das ideas primordiais da Mostra, que é a apropiación e a reciclaxe, a segunda vida dunhas imaxes das que non hai desperdicio, o clip creado por Abuse Industries utiliza o símbolo do porco. Un aceno atávica da cultura nacional que serve para facer unha chiscadela a través da frase “do cine, como do porco, aprovéitase todo”. Para verlo, pincha aquí. info

Dúo Cobra, Super 8 Contemporáneo e Primavera Sound

O Dúo Cobra, inclasificable e bizarra parella do pop estatal, estará presente na sección Super 8 Contemporáneo do (S8) da man de La Follable, culpable dos hipnóticos videoclips do dúo. info