Home » Sin categoría » Preparados, listos… ¡xa!

Preparados, listos… ¡xa!

A tarde do mércores o Teatro Colón acolleu, cun cheo total, o acontecemento que deu o pistoletazo de saída da segunda edición de (S8) Mostra de Cinema Periférico: a proxección da versión íntegra e restaurada de Metrópolis, obra clave da vangarda cinematográfica dirixida por Fritz Lang. A Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra baixo a dirección de Javier Viceiro ofreceu unha emocionante interpretación da partitura orixinal da banda sonora, perfecto contrapunto ás impresionantes imaxes da película; unha potente combinación que levou de rúa ao público coruñés. E un comezo perfecto para os catro días que nos esperan, nos que o máis estimulante do cine experimental e periférico tomará o Antigo Cárcere Provincial da Coruña.