Posts etiquetados en ‘amalgama’

amalgama: iván zulueta

Nesta ocasión Andrés Duque (comisario da Sección Ópera Prima na primeira edición do (S8)), achéganos o primeiro video-autor da man de Amalgama de Iván Zulueta.

VIDEO: AMALGAMA, 1976, Super 8
AUTOR: IVÁN ZULUETA


Nos setenta a xente tomaba ácidos para ver o mundo dun xeito extraño; agora que o mundo é extraño, a xente toma prozac para velo normal. As drogas legais trocaron a nosa percepción do tempo: de Kairos a Cronos. Só a arte nos salva. O cine de Zulueta fálanos do tempo en potencia, atemporal e eterno. Como di Pedro P. no filme Arrebato: “O espello ábreme as súas portas para mostrarme… (pausa acompañada de esbirro) … o outro”.

“O outro”, é dicir, a elección non vergoñenta, non alienante que se complementa ao “un” e que  en función deste último representa o inclasificable, o condeable, o censurable. É o reverso da moeda que Zulueta atreveu a explorar con honestidade e ata as últimas consecuencias.

– Andrés Duque-