Este sábado no (S8) poderemos ver unha mostra de como era o cine e como era a sociedade fai máis de cen anos. A mostra da sección “Arquivos Históricos” tráenos unha colección de películas filmadas no sistema Joly Normandin, formato do que Alfonso del Amo, da Filmoteca Española, nos dará as chaves. info
Pasen e póñanse cómodos. Dámoslles a benvida á segunda edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico, que terá lugar os días 2, 3, 4 e 5 de xuño no Antigo Cárcere Provincial de A Coruña. Aínda que quedan varias semanas, dende aquí xa comezamos a ofrecer algúns aperitivos que dan unha idea do saboroso menú que se poderá disfrutar este ano na Mostra. Non hai máis que ver o repaso en vídeo da primeira edición do (S8), no 2010, para que a calquera se lle faga a boca auga. Así que permanezan en sintonía…