Posts etiquetados en ‘Blogue’

Mobileskino: super 8, activismo, manifestos e instalacións


Mobileskino é un colectivo de catro activistas do Super8: Florian Olloz, Roland Schmidt, Gilbert Engelhard e David Pfluger. Fundaron Mobileskino no 2000 coa idea de difundir a filosofía do Super8 e facer do cinema algo interactivo máis que un lugar onde sentar e consumir imaxes. As primeiras proxeccións e instalacións amosáronse en Basel e Zürich, cidades de onde proveñen. As súas obras son curtas con ou sen acción, documentais, animacións e loops. As películas móstranse en instalacións, tanto como un collage de capas, unha obra en sí mesma ou coma acompañamento (con ou sen son). info

Marcos Nine.- J.E.D.N, referente nunha cinematografía sen referentes

José Ernesto Díaz Noriega

Marcos Nine, autor e director dos traballos J.E.D.N José Ernesto Díaz NoriegaPensando en Soledad, realiza para o (S8) unha reflexión persoal sobre a figura do pai do cine amateur en Galicia.


JEDN: Referente nunha cinematografía sen referentes.

Resúltame imposible falar de José Ernesto Díaz-Noriega desde un punto de vista que non sexa estrictamente persoal e subxetivo. Para min, a súa figura trascende máis alá da brillantez dos seus filmes. El é, por riba doutras consideracións, o primeiro referente. info

amalgama: iván zulueta

Nesta ocasión Andrés Duque (comisario da Sección Ópera Prima na primeira edición do (S8)), achéganos o primeiro video-autor da man de Amalgama de Iván Zulueta.

VIDEO: AMALGAMA, 1976, Super 8
AUTOR: IVÁN ZULUETA


Nos setenta a xente tomaba ácidos para ver o mundo dun xeito extraño; agora que o mundo é extraño, a xente toma prozac para velo normal. As drogas legais trocaron a nosa percepción do tempo: de Kairos a Cronos. Só a arte nos salva. O cine de Zulueta fálanos do tempo en potencia, atemporal e eterno. Como di Pedro P. no filme Arrebato: “O espello ábreme as súas portas para mostrarme… (pausa acompañada de esbirro) … o outro”.

“O outro”, é dicir, a elección non vergoñenta, non alienante que se complementa ao “un” e que  en función deste último representa o inclasificable, o condeable, o censurable. É o reverso da moeda que Zulueta atreveu a explorar con honestidade e ata as últimas consecuencias.

– Andrés Duque-