Posts etiquetados en ‘El gabinete del doctor Caligari’

Inauguración. Cine-concerto: El gabinete del doctor Caligari restaurada

caligari1

Fonte: Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung, Wiesbaden

O próximo domingo 31 de maio as 19 horas no Teatro Colón, o (S8) celebra a súa gala de inauguración que, como ven sendo costume, é todo un luxo. Nada máis e nada menos que unha proxección, sonorizada en directo pola prestixiosa pianista e compositora alemana Eunice Martins, da impecable restauración da pedra de toque do Expresionismo Alemán: El gabinete del doctor Caligari. As entradas xa están á venta nas taquillas do Teatro Colón e de Afundación,  tamén online a través de ataquilla.com.

Fuente: Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung, Wiesbaden

Fonte: Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung, Wiesbaden

A película

Primeira (e rompedora) manifestación do Expresionismo Alemán, El gabinete del doctor Caligari é una das obras clave da historia do cine. Detrás dos claroscuros e dos retorcidos escenarios da historia de terror dirixida por Robert Wiene nos estudios da UFA, os guionistas Hans Janowitz e Carl Mayer deslizaron  unha crítica a autoridade que utiliza aos homes como máquinas de matar- viñan da recente I Guerra Mundial-, nun filme que segundo o teórico Siegfried Kracauer foi unha premonición da chegada do nazismo. Baixo o aspecto dun soño alucinado, coñecemos así ao inquietante doctor Caligari, que chega á feira dun  pobo cunha atracción moi particular: o somnámbulo Cesare, que adiviña o futuro. Cando unha serie de misteriosos asesinatos comezan a sucederse na poboación, o empeño dun home conducirá trala pista de Caligari, que non é quen parece ser, e que oculta máis dun terrible secreto.

Caligari22

Fonte: Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung, Wiesbaden

A restauración

Ver  unha obra muda de vangarda do ano 1920 coma se fose filmada onte mesmo potencia, se cabe, a percepción da súa modernidade e a súa forza, ao tempo que a fai máis cercana. Iso é o que consegue esta soberbia restauración dixital, na que cada fotograma fíxose dixital a maior calidade, e limpouse para revelar cada detalle manchado polo tempo. Reconstruíronse, ademais, os fotogramas perdidos nun meticuloso proceso que revive a fluidez dos movementos en escena. Unha restauración a cargo da Fundación Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung en colaboración con o Federal Film Archive de Berlin e  L’Immagine Ritrovata – Film Conservation & Restoration, Bolonia, con o apoio de Bertelsmann.

eunicemartins15

A música: Eunice Martins

A banda sonora do filme, composta e interpretada en directo ao piano por Eunice Martins, é a guinda que converte esta proxección nun evento único. Martins, que tamén é deseñadora de son de cine e teatro, é dende o ano 2000 a pianista residente en Kino Arsenal, Berlín. Unha profesional de prestixio internacional, que levou o seu talento a citas como o festival de Hong Kong, Il Cinema Ritrovato, Bolonia, A Xornada do Cinema Silencioso de Sao Paulo e a Berlinale, e a institucións como o Teatro Nacional de Taipei, Taiwan e o Auditorio do Louvre.