Posts etiquetados en ‘ernie gehr’

Ernie Gehr. Aquí non hai blockbusters, só expansores para a mente.

Ernie Gehr (Foto: Chang W. Lee/The New York Times)

por Manohla Dargis

Hai múltiples adxectivos que encaixan co traballo fílmico e dixital de Ernie Gehr: abstracto, fermoso, misterioso, vigorizante, utópico. Unha obra que tamén pode ser evasiva: iso non é malo! A súa película de 14 minutos History (1970), por poñer un exemplo extremo, consiste maiormente do que parece nunha brillante mancha negra e gris que trae á mente a alucinación do ceo dunha noite no deserto, como van Gogh de tripi, O que estás a mirar, e posiblemente no que te estás a perder, non é unha representación de algo fóra da cámara, senón a película en si mesma: as nubes tintadas de película a cor e o gran xirando en branco e negro que compoñen a imaxe que ves. info

Lux Álgebra. Edición especial tempo e estrutura

Side/Walk/Shuttle, Ernie Gehr

 

A álxebra é a rama da matemática que estuda a combinación de elementos de estruturas abstractas dacordo a certas regras. Nesta edición apropiámonos dunha palabra que evoca a ciencia para xogra dentro da programación coas diferentes expresións que a álxebra da luz -é dicir, a álxebra do cine-  pode ter. Pois o cine é unha arte temporal, na que a montaxe e a estrutura (e as súas regras combinatorias) son piares básicos. info