Posts etiquetados en ‘Eunice Martins’

Inauguración. Cine-concerto: El gabinete del doctor Caligari restaurada

caligari1

Fonte: Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung, Wiesbaden

O próximo domingo 31 de maio as 19 horas no Teatro Colón, o (S8) celebra a súa gala de inauguración que, como ven sendo costume, é todo un luxo. Nada máis e nada menos que unha proxección, sonorizada en directo pola prestixiosa pianista e compositora alemana Eunice Martins, da impecable restauración da pedra de toque do Expresionismo Alemán: El gabinete del doctor Caligari. As entradas xa están á venta nas taquillas do Teatro Colón e de Afundación,  tamén online a través de ataquilla.com.

Fuente: Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung, Wiesbaden

Fonte: Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung, Wiesbaden

A película

Primeira (e rompedora) manifestación do Expresionismo Alemán, El gabinete del doctor Caligari é una das obras clave da historia do cine. Detrás dos claroscuros e dos retorcidos escenarios da historia de terror dirixida por Robert Wiene nos estudios da UFA, os guionistas Hans Janowitz e Carl Mayer deslizaron  unha crítica a autoridade que utiliza aos homes como máquinas de matar- viñan da recente I Guerra Mundial-, nun filme que segundo o teórico Siegfried Kracauer foi unha premonición da chegada do nazismo. Baixo o aspecto dun soño alucinado, coñecemos así ao inquietante doctor Caligari, que chega á feira dun  pobo cunha atracción moi particular: o somnámbulo Cesare, que adiviña o futuro. Cando unha serie de misteriosos asesinatos comezan a sucederse na poboación, o empeño dun home conducirá trala pista de Caligari, que non é quen parece ser, e que oculta máis dun terrible secreto.

Caligari22

Fonte: Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung, Wiesbaden

A restauración

Ver  unha obra muda de vangarda do ano 1920 coma se fose filmada onte mesmo potencia, se cabe, a percepción da súa modernidade e a súa forza, ao tempo que a fai máis cercana. Iso é o que consegue esta soberbia restauración dixital, na que cada fotograma fíxose dixital a maior calidade, e limpouse para revelar cada detalle manchado polo tempo. Reconstruíronse, ademais, os fotogramas perdidos nun meticuloso proceso que revive a fluidez dos movementos en escena. Unha restauración a cargo da Fundación Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung en colaboración con o Federal Film Archive de Berlin e  L’Immagine Ritrovata – Film Conservation & Restoration, Bolonia, con o apoio de Bertelsmann.

eunicemartins15

A música: Eunice Martins

A banda sonora do filme, composta e interpretada en directo ao piano por Eunice Martins, é a guinda que converte esta proxección nun evento único. Martins, que tamén é deseñadora de son de cine e teatro, é dende o ano 2000 a pianista residente en Kino Arsenal, Berlín. Unha profesional de prestixio internacional, que levou o seu talento a citas como o festival de Hong Kong, Il Cinema Ritrovato, Bolonia, A Xornada do Cinema Silencioso de Sao Paulo e a Berlinale, e a institucións como o Teatro Nacional de Taipei, Taiwan e o Auditorio do Louvre.

Mini (S8) Ritmos, sons e melodías. Obradoiro de sonorización de cine mudo para nenos e mozos

SEGUNDO_DE_CHOMON_VIAJE_A_JUPITER-5SEGUNDO_DE_CHOMON_VIAJE_A_JUPITER-5 copia

O 30 de maio terá lugar no MAC – Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa un obradoiro impartido por Eunice Martins, co apoio de Rogelio Groba, no que os nenos e nenas de 12 a 16 anos participantes poderán sonorizar en vivo a película muda Viaje a Júpiter, de Segundo de Chomón. Incripcións abertas.

Data: 30 de maio 2015

Lugar: MAC Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa

Horario: de 16.00 a 19.00h

Presentación pública e proxección: 19.30h

Alumnos: nenos e nenas de 12 a 16 anos

Prazas limitadas: 20 alumnos

Prezo: 15 euros.

Linguaxe: inglés

Experiencia: non se require (aínda que é recomendable ter algún contacto coa música ou tocar algún instrumento)

Presentación

O obradoiro consiste en participar activamente na realización conxunta dunha banda sonora para unha película muda, unha experiencia creativa que brindará a oportunidade de descubrir os diferentes enfoques da relación entre a imaxe, o son e a música.

Facer que unha película teña son, elaborar e componer unha banda sonora, é una tarefa fácil e difícil ao mesmo tempo. ¿Cómo se poden traducir os mundos e secretos da imaxen a sons e música que cheguen aos nosos oídos?

Nas tres horas que dura este obradoiro, investigaremos as características do son dos instrumentos e os seus corpos sonoros, e os relacionaremos cunha película muda. Crearemos deste modo secuencias de música e paisaxes sonoros para a película, e os ensaiaremos cos nosos instrumentos para, ao final, interpretalos nunha proxección en vivo.

Programa

1. Breve introducción á historia da sonorización no cine

2. Visionado e análisis da película Viaje a Júpiter de Segundo de Chomón, 1909

3. Selección de instrumentos e investigación das características dos seus sons

4. Creación, desenrolo e ensaio de composicións sonoras para as secuencias da película

Despois do obradoiro realizarase a proxección de Viaje a Júpiter sonorizada en directo polos alumnos, nun evento aberto ao público.

Eunice Martins   pianistin improvisation komposition

Eunice Martins (Berlín, 1965) é pianista, música especialista en improvisación e compositora. Formada na universidade das Artes de Berlín e na Academia de Música Wiesbaden, dende o 2000 é pianista de Kino Arsenal – Instituto de Cine e Videoarte de Berlín. Martins é una profesional de prestixio internacional, recoñecida en Asia, América e Europa. É diseñadora de son para cine e teatro, e creou diversas instalación sonoras. Traballa tamén como profesora en varias universidades de Alemaña e Francia, e impartiu conferencias sobre cine e música/son en Hong Kong, Nova Delhi, São Paulo e Shanghai, entre outros. As súas labores didácticas inclúen tamén clases maxistrais, obradoiros e proxectos de composición e sonorización para nenos e adolescentes en Berlín e Bruselas.

Rogelio Groba violinista e director da Orquestra de Cámara Galega, participará como profesor de apoio local. Formado polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña, o Conservatorio Superior de Música de Oviedo, e a Guidhall School of Music and Drama. Groba cosechou grandes éxitos a nivel mundial, e foi director da Orquesta Sinfónica del Conservatorio de Música de A Coruña. Además de director-concertino da Orquestra de Cámara Galega, é patrono da Fundación Rogelio Groba Groba, e profesor superior de Violín y Música de Cámara no Conservatorio superior de Música de A Coruña.

Alumnos

Todos aqueles nenos e adolescentes interesados na música e a súa importancia para o cine. Darase cabida tanto a estudantes do conservatorio como a calquer neno interesado na música, o cine e o son. O obradoiro impártese en inglés. Recoméndase que os participantes que toquen algún instrumento o traian.

Incripcións

Ata o 27/05/2015 entregando a folla de inscripción cuberta xunto co importe en efectivo na recepción do MAC en horario de apertura. Precísase saber no momento da inscripción se o alumno toca algún instrumento, de cal se trata e se o pode levar ao obradoiro.

Toda a información e o formulario aquí.