Posts etiquetados en ‘Michael Nyman’

Na procura do cinema

El Hombre de la Cámara
Como xa fomos informando estes días, Michael Nyman achegarase a Coruña coa súa banda para pór música, na inauguración do (S8), El hombre de la cámara, de Dziga Vertov. Unha película pola que Nyman sente tal admiración que ata el mesmo quixo traer ao presente a fazaña de Vertov, refilmando plano a plano secuencias enteiras da película, do mesmo xeito obsesivo que Gus Van Sant retomou plano ao plano Psicosis de Hitchcock. E a pesar da disparidade dos experimentos e do seu contido, pódese entender en ambos os casos este intento, a través do calco, de comprender un exercicio exemplar de creación de linguaxes visuais propios. info