Posts etiquetados en ‘Periferia’

Left Hand Rotation: célula independente e á contra

Ás veces, é moi saudable ir ao contraxeito. En especial, se a corrente contra a que se vai é das que paralizan, apabullan e esmagan, o vento dos nosos capitalistas tempos modernos. Left Hand Rotation -colectivo que estará presente no (S8) cunha instalación- vai a contramán, xira na dirección contraria á estipulada, como a tradución do seu nome indica. E fano despregando unhas accións que, cunha vertente moi lúdica, deixan ao descuberto o absurdo do mundo no que vivimos. Como eles mesmos o definen, Left Hand Rotation “é un xiro na dirección contraria que pode producirse en calquera momento, un parafuso que hai que apertar xusto ao contrario do esperado”. Un concepto en constante construción e cuestionamento. info

Atlas Ilustrado da Periferia Vol.3

·Vostede está aquí·

Terceira e última entrega dun Atlas que continua en transformación e en reescritura constante. Quitando o po que nos impide atopar a periferia nos mapas máis arcaicos, e utilizando o centro como mero punto de referencia debuxar o mapa, que neste caso é inequivocamente un mapa do tesouro.

info

Atlas Ilustrado da Periferia Vol.2

·Vostede está aquí·

Nesta segunda entrega do noso Atlas Ilustrado da Periferia, veremos como a periferia non só pode estar nas marxes, senón que tamén poden acharse nos subterráneos, no mundo flotante da rede ou, ata, nunha salchicha. Seguimos trazando as liñas do noso mapa.

info

Atlas Ilustrado da Periferia Vol.1

·Vostede está aquí·

A periferia do cine é un terreo pouco coñecido, transitado por algúns exploradores intrépidos que intentan abrir carreiros a través dos cales chegar ao seu corazón. (S8) Mostra de Cine Periférico, na súa primeira edición, empezou un indispensable labor de cartografía, da cal damos conta nestas dúas entregas que hoxe presentamos. Mapear o que está fóra do mapa, definilo e facelo visible é a idea deste Atlas Ilustrado da Periferia, unha pequena guía de man coa que invitamos a todo aquel que estea disposto a aventurarse a unha viaxe polo lado máis sorprendente e arriscado do cine. O Atlas está elaborado por un coidado grupo de estudiosos e persoas que realizan traballos de campo sobre o terreo, cos que tivemos a sorte de contar na primeira edición de (S8).

Bruce McClure cenicienta

info